Ourense súmase este venres ao Día contra a explotación sexual e a trata de persoas
 
Ourense súmase este venres á celebración do “Día Internacional contra a explotación sexual e a trata de persoas”, cun programa de actividades divulgativas e de sensibilización. Comezarán ás 10:30 Hs. no Salón de Plenos do Concello coa lectura dun manifesto e a proxección dunha curtametraxe
 
 
 
 
23 de SETEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A cidade de Ourense este venres, día 23 de setembro, á celebración do cun programa de actividades divulgativas e de sensibilización organizadas pola Concellería de Igualdade do Concello de Ourense en colaboración coa Asociación “Anacos da cidade”, en cuxo desenvolvemento participarán diversos colectivos sociais e feministas (Marcha Mundial das Mulleres, Colectivo Violeta, Foro Feminista “Falando Nos”, Movemento 12).

O programa, que foi presentado este xoves, comezará ás 10:30 horas no propio salón de plenos coa lectura dun manifesto e a proxección dunha curtametraxe onde se reflicte crudamente a realidade pola que atravesan as persoas sexualmente explotadas e vítimas de trata. Durante a tarde continuarán as actividades, ás 16:00 horas colocaranse uns paneis na Praza Maior en distintos idiomas alusivos á campaña mundial “Corazón Azul” da ONU.

Ás 20:30 horas na Praza Maior haberá unha nova lectura dun manifesto, e a continuación outra lectura sobre unha historia real. E para rematar terá lugar a performance a cargo do grupo de teatro “Abran paso”, que trasladará a todos os espectadores a ese mundo que sufren, principalmente as mulleres, que irán desaparecendo tras unha imaxinaria cortina dun suposto clube de alterne.

Para rematar a xornada proxectarase un corto documental que amosará o que ocurre unha vez traspasada esa imaxinaria cortina.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 23, JUEVES
 
El Concello de Ourense habilitará 6 millones de euros para seguir siendo el más inversor de toda Galicia
El concierto de Los Suaves generó 10 veces lo que fue preciso invertir en su montaje, según datos de Cultura
El Consello Local del BNG repone la normalidad situando a Isabel Pérez en la Tenencia de alcaldía
La Guardia Civil logra que una ourensana denuncie para poder detener a su presunto agresor sexual
Comenzó la campaña de vendimias en Ribeira Sacra con casi 300.000 kilos de uva ya vendimiada