A Deputación de Ourense anuncia o seu Plan de Mobilidade de 2012 para o vindeiro mes de xaneiro
 
Ao pecharse a Semana da Mobilidade, a Deputación de Ourense reivindicou este xoves ser pioneira nestes plans e anunciou a segunda fase do Plan de Mobilidade. Para xaneiro de 2012 anúnciase a presentación do calendario deste Plan para o vindeiro ano. Ao tempo que recorda que xa en 2010 houbo un Plan de carácter interno que foi pioneiro neste senso e que tiña como obxectivo, entre outros, reducir os accidentes in itinere
 
 
 
 
23 de SETEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Deputación Provincial de Ourense anuncia que porá en marcha a partir de xaneiro de 2012 a segunda fase do Plan de Mobilidade, que ten como obxectivo reducir os accidentes in itinere ademais de concienciar e promover entre os cidadáns o uso de transportes alternativos e sostibles medioambientalmente.
Para analizar a desenvolvemento do plan, a Comisión de Mobilidade da Deputación mantivo este xoves unha reunión para planificar o Plan de Mobilidade de cara ao ano 2012. Os membros da comisión elaboraron o calendario de actividades e accións formativas que se levarán a cabo a partir de xaneiro de 2012, calendario que será presentado no vindeiro mes de decembro.

O Plan de Mobilidade da Deputación de Ourense foi redactado no ano 2010, sendo pioneira a institución provincial na elaboración dun planeamento destas características. A fase inicial era de carácter interno, e os obxectivos foron a redución dos accidentes in itinere e o aproveitamento de recursos como o vehículo compartido, ou o transporte público.
Entre as propostas figuraba promover o uso da bicicleta e de ir camiñando ao traballo ou utilizar transporte público, con fin de diminuír a sinistralidade, reducir consumos de combustibles e minimizar as agresións medioambientais que producen o tráfico, a mala planificación dos desprazamentos e o transporte en xeral.

Segundo a institución provincial ourensá, agora a Comisión quere dar un paso máis: a partir do ano 2012 está previsto comezar una nova fase dirixida á cidadanía (veciños, colectivos, colexios, etc.), na que se realizarán, entre outras actividades, cursos de condución eficiente e condución segura; e as campaña “Camiña para ir ao traballo”, e “Comparte coche”. Tamén contempla o Plan impulsar a mellora das infraestruturas relacionadas coa mobilidade e do transporte público en xeral.
O Plan inclúe a planificación de novas zonas de estacionamento na contorna dos edificios públicos, a creación de prazas de aparcamento para bicicletas e o estudio de convenios coas empresas que xestionan o transporte público para planificar novas rutas a prezos atractivos para os usuarios.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 23, JUEVES
 
El Concello de Ourense habilitará 6 millones de euros para seguir siendo el más inversor de toda Galicia
El concierto de Los Suaves generó 10 veces lo que fue preciso invertir en su montaje, según datos de Cultura
El Consello Local del BNG repone la normalidad situando a Isabel Pérez en la Tenencia de alcaldía
La Guardia Civil logra que una ourensana denuncie para poder detener a su presunto agresor sexual
Comenzó la campaña de vendimias en Ribeira Sacra con casi 300.000 kilos de uva ya vendimiada