Cultura do Concello de Ourense anuncia o comezo do Sen Batuta para o 6 de outubro
 
O 6 de outubro comeza unha nova tempada, a cuarta, do ciclo de Música de Cámara Sen Batuta que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Ourense. Mantense o esquema plenamente, e anúnciase como concerto relevante da nova tempada o do Cuarteto Hagen o mercores, 2 de maio, o cuarteto de corda máis importante da música clásica na actualidade
 
 
 
 
 
19 de SETEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense anuncia que o ciclo de Música de Cámara Sen Batuta da comenzó este vindeiro 6 de outubro, e que se desenvolverá ata xuño de 2012. Mantense o esquema dos concertos: os primeiros xoves de cada mes, "por regla xeral", sinálase, no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo.
Tamén durante toda a tempada cada un dos concertos irá acompañado dunha charla-coloquio dos músicos coas persoas que queiran estar con eles, ademais dunha unidade didáctica con ampla información das obras de cada concerto a interpretar.

"A intención da Concellaría de Cultura é acercar a música clásica a toda a cidadanía, galega en xeral e ourensá en particular, constituíndo un dos poucos ciclos de música clásica estable e cunha programación de calidade internacional", sinala o departamento de Isabel Pérez.
No calendario deste ano destaca a presenza do Cuarteto Hagen o mercores, 2 de maio (o único mércores do ciclo). Que é, sen dúbida, o cuarteto de corda máis importante da música clásica na actualidade e que chegan a Ourense dentro dunha xira que farán por Alemaña.

O programa da cuarta tempada formano grupos de diferentes características: tríos, cuartetos, de corda e vento, ademais de conxuntos vocais, con piano e música contemporánea.
Como en tódalas edicións anteriores, os concertos serán ás 20:30 Hs., e as charlas-coloquio comezarán as 10:30 Hs.
A entrada seguirá sendo libre e gratuita para alumnos e profesores.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA