Menos ciclos, 5, pero máis escollidos ciclos e películas nos fora de competición do 16OUFF
 
A 16 edición do Festival de Cine xa ten concretados ciclos temáticos e películas de ditos ciclos que se exhibirán fora de competición. Pero, sobre todo, ten claro que é preciso reducir o considerable volume de ciclos ata o de agora existente para que o espectador poida acudir a todas as sesións. É decir, menos e moito máis escollidas as proxeccións desta 16 edición do OUFF dos fora de competición
 
 
 
 
 
8 de SETEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Unha vez presentada a selección oficial de películas en competición, o 16 Festival de Cine Internacional de Ourense (16OUFF) presentou este mércores os ciclos temáticos que se exhibirán fóra competición.
Como novidade desta edición, suprímese o elevado número de ciclos (só haberá 5) para que o espectador poida acudir a todas as sesións. A cambio ofrécese un material “de primeirísima calidade”, xa que moitos títulos veñen de competir en festivais de todo o mundo, sinalan os responsabeis do OUFF.

Así, no ciclo da Comedia cabería destacar a francesa Le jeu de l'amour et du hasard, a traslación dun texto do século de ouro francés na actualidade, Operación Casablanca, unha hilarante comedia de aventuras e de enredos, o debut da actriz Cristina Alcázar (Cuéntame) á fronte das cámaras con Aunque todo vaya mal, ou Potiche... unha comedia francesa avalada pola actuación de dous grandes do cine como Catherine Deneuve e Gerard Depardieu.

No ciclo de Igualdade, que engloba unha ampla temática de problemas, dende os de identidade, de xénero e de violencia contra minorías étnicas, sexuais e relixiosas, o OUFF destaca un par de títulos, I Shot My Love, do realizador israelí Tomer Heymann (a fama no seu país pode ser comparada coa que ten aquí Pedro Almodóvar), e Love Davka, da tamén israelí Rona Soffer, por non deixar fóra á española Madres 0'15 el minuto, un interesantísimo documento sobre a convivencia entre clases.

No ciclo Visións de América Latina, un dos clásicos do OUFF, a selección foi, se cadra, das máis esixentes, polo que o material final é de primeirísima calidade. Por destacar, Carancho, un drama protagonizado de xeito maxistral por Ricardo Darín, ou a primeira experiencia como director de longas do actor mexicano Diego Luna con Abel.

O ciclo Visións da Europa Atlántica permitirá ver dúas películas que pasaron desapercibidas pola carteleira pero son posuidoras dunha fonda linguaxe emocional. Así, estará último traballo de Montxo Armendáriz, No tengas miedo, por vez primeira en Ourense.

Por último Panorama de Galicia, ciclo onde estará o máis destacado do que se fixo durante o ano pasado e no actual no noso país, artellado en diferentes sesións: Mr. Misto (unha retrospectiva da factoría da produtora de mesmo nome); Recordos (cun filme dun clásico do cine galego, Antonio Caeiro, e unha ollada á vida do militante antifascista Luís Trigo); Natureza (con dúas xoias do cinema submarino, unha coprodución galego-estadounidense, e unha peza firmada por Jorge J. Candán, o director máis laureado do mundo no seu xénero); Curtas; Experimental; Documental; e, finalmente, Feito en Ourense, unha ollada aos novos realizadores da nosa provincia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 8, MIÉRCOLES
 
Imputan a Seaga y Natutecnia la descoordinación en la lucha contra los icendios este verano
Denuncian vertidos masivos de purines en Parada de Ribeira de explotaciones que trabajan para Coren
Desconocidos intentaron tirar por un barranco el coche del edil del PSOE de Beade, Benito Cibeira
Acusan al gerente de Galicia Calidade de "ningunear" y "ridiculizar" a la Deputación de Ourense
El Campus arranca curso sin todos los alumnos porque se olvidó de la Selectividad de septiembre