A Deputación de Ourense incorporarase en breve á Rede de Dinamización Lingüística de Galicia
 
“Temos un claro compromiso coa nosa fala”, sinalou o vicepresidente da Deputación de Ourense na visita do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, a institución provincial este mércores. Lorenzo prantexou a creación da Rede de Dinamización Lingüística en Galicia, na que hai un total de 100 entidades adheridas e á que se incorporará en breve a Deputación ourensá
 
 
 
 
28 de XULLO de 2011: OURENSE DIXITAL

O vicepresidente da Deputación, Rosendo Luis Fernández, mantivo este mércores un encontro co secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, onde ambos coincidiron na importancia de fomentar e dinamizar o uso do galego dende as administracións.
Na visita do representante de Política Lingüística á Deputación de Ourense, Rosendo Fernández lembrou o irrenunciable compromiso da isntitución provincial ourensá coa lingua, que vai dende a súa declaración como lingua oficial da institución por acordo plenario ate o funcionamento do gabinete de normalización lingüística que presta asesoramento aos concellos, a relización de tódolos textos, acordos e publicacións na nosa fala e incluso a creación de premios literarios para textos en galego coma o caso do “Pura e Dora Vázquez”, recentemente convocado.

O representante da Deputación dixo que “temos un claro compromiso coa nosa fala” e amosouse totalmente disposto a colaborar coa Xunta de Galicia en proxectos de dinamización e difusión do galego.
Anxo Lorenzo, que está visitando os 20 concellos máis poboados de Galicia e as catro deputacións, todos con novas corporacións, recoñeceu o “compromiso claro co fomento do idioma” existente na deputación de Ourense a aclarou que “no futuro temos que abrir outros canles de colaboración e outros aspectos nos que incidir”.

Deste xeito, prantexou a creación da Rede de Dinamización Lingüística en Galicia, na que hai  un total de 100 entidades adheridas e á que se incorporará en breve a Deputación “como punto de encontro para establecer iniciativas cara o fomento social da lingua galega”.
Anxo Lornezo defendeu que “temos que facer unha lingua atractiva, unha lingua querida” e marcou ese reto coma un “proxecto estratéxico”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Anxo Lorenzo  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google