Remata a campaña “doa sangue e planta unha árbore” con un total de 216 doazóns en Ourense
 
Rematou o campaña “Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árbore” do CTG e Amigos da Terra. E o fixo con un total de 216 doazóns na capital ourensá, das que 19 persoas acudiron por primeira vez a doar sangue. En Galicia compren cada día unhas 500 doazóns de sangue
 
 
 
 
27 de XULLO de 2011: OURENSE DIXITAL

Rematou a campaña “Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árbore”, organizada conxuntamente por Amigos da Terra e o Centro de Transfusión de Sangue de Galicia (CTG). Ao remate desta nova edición, contabilizáronse 216 doazóns, das que 19 (un 9%) foron de cidadáns que o fixeron por primeira vez.
A campaña desenvolveuse dende o venres 15 ata o 22 de xullo en seis puntos distintos da cidade, onde as voluntarias e voluntarios informaron aos cidadáns da necesidadedas doazóns de sangue, ao tempo que se sensibilizaba coa necesidade da repoboación dos nosos bosques.

Esta iniciativa estase a levar a cabo dende o ano 2000, en pro da conciencia solidaria dos cidadáns. Destácase que cada día en Galicia son necesarias 500 doazóns de sangue para que os hospitais galegos poidan realizar a mesma media de 500 intervencións cirúrxicas, atender máis de 3.000 urxencias e realizar 3 transplantes de órganos ou tecidos.
Ao tempo que “tamén resulta necesario presevar en óptimas condicións o noso entorno natural, polo que debemos participar e promover actividades destinadas a crear unha conciencia proclive á conservación do noso medio ambiente”, engade Amigos da Terra.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google