Expón no Cultural da Deputación o ourensán Xosé Vilamoure, co retrato como eixo condutor
 
O Cultural da Deputación acolle desde este xoves a exposición do artista ourensán Xosé Vilamoure. Nace cunha serie de retratos de artistas e creadores internacionais a partires da lectura dun libro da editorial Taschen, e logo pasa a unha serie de retratos de amigos vencellados ao lugar no que traballa o artista, o “Ollo Ledo”
 
 
 
 
 
8 de XULLO de 2011: OURENSE DIXITAL

“Tres, dous, un... malvasía cabecibranca euroasiática e otruos retratos” é o título da exposición que o artista ourensán Xosé Vilamoure inaugurou ese xoves no centro Cultural da Deputación de Ourense, e que ten ao retrato como eixo condutor das tres series que a conforman, investigando e aportando unha visión persoal do mesmo.

A exposición nace cunha serie de retratos de artistas e creadores internacionais a partires da lectura dun libro da editorial Taschen. Logo pasa a unha serie de retratos de amigos vencellados ao lugar no que traballa o artista, o “Ollo Ledo”, e remata con algo máis de trinta retratos de diferentes especies animais en perigo de extinción, prácticamente todas elas con corpos humanizados nunha clara referencia a esa loita entre o animal e o ser humano pola súa supervivencia.

O director do Centro Cultural loubou a calidade artística e o rigor no traballo de Xosé Vilamoure, “que sempre tivo moi claro o que quería facer e como quería facer esta exposición, algo que nos facilitou moito as cousas”, ao tempo que engadíu que “é un pintor sin o que o panorama artístico ourensán estaría incompleto pola súa gran calidade”.
Vilamoure, pola súa banda, agradeceu estas verbas así como a aposta do Centro Cultural da Deputación por unha obra que non ten un carácter comercial e que, polo tanto non pode ir a galerías. “Eu sempre tiven claro que se podía facer esta exposición tería que ser aquí”, dixo.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 8, JUEVES
 
CHM-S, Concello y SEPRONA mantienen vigilada la “explosión de algas” del Embalse de Cachamuiña
Publicado en el BOE el anteproyecto de la nueva EDAR de Ourense, prevista para 300.000 habitantes
El Contencioso Administrativo visa el proyecto de compensación de Finca Santamariña
Comisión Obreiras denuncia que a Consellería de Medio Rural premia a “delincuentes” en vez de castigalos
O PSOE pide a Baltar Pumar que deixe á oposición participar na elaboración dos tribunais das oposicións
 

 

Añade OuD a tu Google