Carmen Touza expón no Cultural “Cores perfumadas”, de marcado carácter orientalista
 
Até mediados de agosto expón no Centro Cultural da Deputación de Ourense a pintora Carmen Touza. “Cores perfumadas” é unha exposición de marcado carácter orientalista, coa que a súa autora rinde homenaxe ao falecido pintor e poeta chino-americano Walasse Ting, amigo da autora
 
 
 
 
7 de XULLO de 2011: OURENSE DIXITAL

A pintora Carmen Touza inaugurou no Centro Cultural da Deputación a exposición “Cores perfumadas”, que posteriormente viaxará a Miami, Nueva York, Pekin, Shangai e Hong-Kong, estas últimas cunha colaboración co goberno chinés.
A mostra, que ten un marcado carácter orientalista, está dedicada ao falecido pintor e poeta chino-americano Walasse Ting, gran amigo da pintora, e ven marcada pola intensidade da cor, a sensualidade e a delicadeza.

Tanto a pintora coma o comisario da mostra, Modesto Contreras, loubaron ao presentar a mostra este mércores, o apoio da Deputación á cultura e aos artistas. “Non hai ningunha deputación en Galicia que faga o que fai a de Ourense, deberían copiar o que se fai aquí”, sinalaron comisario e autora.

O director do Centro Cultural agradeceu estas palabras e remarcou o esforzo que para a institución supón cada mostra, engadindo que “tentamos darlle a dignidade que merecen, tanto aos artistas como a este fermoso edificio”.
A mostra poderá visitarse no Cultural até mediados de agosto, polo que se ofrece como un atractivo para os visitantes neste verán.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Carmen Touza  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 

 

Añade OuD a tu Google