Co mes de xullo chega unha nova edición, a terceira, do Baixo as Estrelas, cine ao aire libre
 
A implicación de organismos dende fai anos moi vinculados ao cine, así como a a “forte aposta por formatos como a curtametraxe ou o documental”, son as principais novidades que trae o Baixo as Estrelas deste verán. Terceiro ano e terceira edición dun ciclo de proxeccións ao aire libre que terá lugar na Praza de San Martiño todos os venres dos meses de xullo e agosto
 
 
 
 
 
30 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

Ourense acollerá por terceiro ano consecutivo e tamén por terceiro verán, unha nova edición do cicle de cine ao aire libre, o Baixo as Estrelas que organiza a Concellería de Cultura da nacionalista Isabel Pérez. O ciclo foi presentado este 29 de xuño na oficina de Festival de Cine Internacional de Ourense, o OUFF.
Este novo ciclo de cine terá lugar todos os venres dos meses de xullo e agsoto, e as proxeccións serán todas as 11 da notie na Praza de San Martiño, con asistencia libre e de balde.
“Constitúe unha das citas máis celebradas e que máis público concita no noso calendario”, sinalou a concelleira Isabel Pérez.

O ciclo aporta novidades nesta terceira edición. Entre elas, si acaso o máis significativo é a implicación de organismos coma escolas de cine, promotoras de audiovisual e, fundamentalmente dos festivais galegos de cine.
As dúas escolas de cine que se implican nesta edición presentarán cada unha unha escolla de oito curtas. Tamén se contará con institucións coma a Filmoteca Vasca ou o Festival de Cine Tapiales de Arxentina, que aporta unha mostra itinerante do cine deste país.
Perez subliñou que tales implicacións “honran” este Baixo as Estrelas, xa que proxectarán en Ourense filmes premiados en ediciós como a do Festival de Cans, o euro-árabe AMAL, a Mostra de Cinema Periférico S8 d'A Coruña, do Curtocircuito de Santiago de Compostela e do PLAY-DOC de Tui.

Outra das novidades do Baixo as Estrelas 2011 é a “forte aposta por formatos como a curtametraxe ou o documental”. Segundo os organizadores, “formatos pouco habituais nos circuitos comerciais, pero demandados polo noso público e especialmente idóneos para proxeccións destas características”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Isabel Pérez  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 

 

Añade OuD a tu Google