Rematou este martes o “Auria Inserta” con 232 persoas que acadaron a súa inserción laboral
 
Rematou este martes o proxecto formativo do Concello de Ourense “Auria Inserta”, que se salda con 232 persoas que recibiron axeitada formación a través desta iniciativa. Son 232 persoas que remataron algún dos 16 itinerarios que ofrecía este programa formativo, xa que nun principio foron 383 as que iniciaron actividades do “Auria Inserta”
 
 
 
 
 
29 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

Despois de 16 cursos e 232 diplomados, o proxecto do Concello de Ourense Auria Inserta deu remate este martes coa celebración das “Xornadas de Intercambio de Experiencias e Boas prácticas do proxecto Auria Inserta” que se celebraron no Liceo desta cidade. A apertura do acto, a cargo do concelleiro de Promoción Económica e Emprego, José Ángel Vázquez Barquero, foi seguida dunha mesa redonda sobre “Oportunidades de actividade económica para a cidade de Ourense”, na que participaron o profesor de Economía Aplicada na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, Alberto Vaquero, e o profesor de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo, José Luís Martínez Orge.

A continuación, a xerente de Auria Inserta, Tania Pérez, presentou ante os asistentes un balance de resultados do proxecto, que formou a un total de 383 persoas, das que finalizaron 232 algún dos 16 itinerarios ofrecidos. A iniciativa estaba especialmente enfocada a favorecer o acceso a un posto de traballo daquelas persoas pertencentes ós colectivos máis vulnerables e con maiores dificultades de inserción laboral, a través de procesos de formación especializada en dous ámbitos: a dependencia e o medio natural.

“As acción formativas trataron de axustarse ós requerimentos dos novos certificados de profesionalidade, nos que as persoas participantes contaron coa posibilidade de realizar prácticas en empresas, que se convertiron no verdadeiro trampolín para a inserción”, sinalou esta responsable do programa.
Trala presentación de resultados, a Fundación Laboral de Construcción de Galicia e Troncoso Saludges, Servicios Sociosanitarios ofreceron a súa perspectiva como entidades colaboradoras do proxecto, previo ó recoñecemento por parte do Concello de Ourense á participación de todas as entidades colaboradoras.
A este último acto acudiu o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, José Ángel Vázquez Barquero, que pechou as xornadas coa súa intervención.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 29, MARTES
 
Xinzo acogerá el CICAT, “proyecto estratégico” capaz de producir 450.000 barquetas de carne de vacuno y porcino diarias
El proyecto de Ourense es el “Cicat 2”, que seguirá al de Trujillo, en Cáceres
El alcalde de Rairiz paga salarios por estar "en el despacho leyendo libros", según Inspección
A punto y revisado todo el operativo humano y material de la campaña contra o lume en Ourense
La reducción del 5% a los funcionarios públicos no va con los munícipes de San Cibrao das Viñas
 

 

Añade OuD a tu Google