Andrés Calamaro abre este venres as Festas de Ourense 2011 que se prolongarán até o domingo, 26 de xuño
 
350.000 euros inviste o Concello nas Festas de Ourense 2011 que este mércores presentou a concelleira de Cultura, Isabel Pérez. O programa é o resultado dunha suma de esforzos e planificación para conquerir os mellores resultados con un mínimo de gasto, destacou a concelleira. Plantexado doutro xeito, o Concello inviste algo menos de 3,5 euros por ourensán nos 10 días de festas da cidade, o que supón unhas 50 das vellas pesetas por día e ourensán
 
 
 
 
 
16 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

Con un orzamento de 350.000 euros, o que representa menos de 3,5 euros por veciño da cidade para os 10 días de festexos, a concelleira de Cultura do Concello de Ourense, a nacionalista Isabel Pérez, presentou este mércores as Festas de Ourense 2011 que comezarán o vindeiro día 20 e rematarán o 26 deste mes de xuño.
Isabel Pérez destacou que o feito de que con 350.000 euros se logre a oferta de actividades que comprende o programa de festexos deste ano, se debe a unha serie de intercambios que mantén este Concello ao longo do ano, así como a participación de persoas na elaboración do propio programa que conquiren actividades con un coste “moi baixo” para o Concello da capital ourensá.

Pérez sinalou que o obxectivo da Concellería de Cultura e Festas a hora de elaborar o cartaz das Festas de Ourense 2011 sigue sendo conquerir a participación nelas de todos os ourensáns, “preparar actividades para todos os públicos, para todas as idades e para todos os espazos da nosa cidade”. En definitiva, “que as festas de Ourense sexan as festas de todos os ourensáns e que os ouensáns as sintan como súas”.
Destacou a concelleira que dende fai catro anos hai dúas cousas que se manteñen invariables: “que as festas se celebren na última semana de xuño, cando a actividade escolar xa ten rematado, e unhos espazos da cidade perfectamente definidos”, que van dende As Mercedes ao Xardín do Posío e dende a Alameda de Abaixo á Praza do Correxidor, sinalou a concelleira.

As que Isabel Pérez recoñeceu que foron pensadas como “unhas festas de transición que agora son unhas festas de continuidade”, aludindo ao feito de que se prepararon antes da cita electoral do 22-M pasado, inclúen teatro en espazos pechados (o Auditorio) e teatro de rúa, dende concertos de música pop a dance e Djs, dende o folk de Mercedes Peón até o Derrame Rock, incluíndo aportacións externas doutros anos como é o caso do Rallye de Ourense que este ano acada a súa 44 Edición ou o propio Derrame Rock.
Aínda que as Festas comezan oficialmente o luns, día 20, os festexos teñen os seus prolegómenos no concerto de Andrés Calamaro e o xa clásico Encontro da Xuventude dos 60 que terán lugar este vindeiro venres, día 17.
O sábado, 18, comezará o Certame de Corais, que seguirá o domingo, 19.

A partires do luns, día 20, comezo oficial dos festexos, irán incorporándose actividadaes, como as casetas gastronómicas que se instalarán outro ano na Praza das Mercedes ou Praza de Vigo a partires do día 21, xunto cos concertos de Nena Daconte tamén o día 21, Celtas Cortos o xoves, día 23, Maldita Nerea o sábado, día 25, e Uxía na xornada de peche do domingo, día 26.
As Festas manteñen esquemas de edicións pasadas no tocante a Batalla de Flores, o sábado, día 25, e os espectáculos pirotécnicos tamén da última fin de semana, 25 e 26.

Isabel Pérez amosouse moi satisfeita do plantel de actividades conquerido pola organización destas Festas, e invitou a que se compare o programa das de Ourense coas de outras cidades e capitales galegas tendo en conta os 350.000 euros de orzamento.
A concelleira de Cultura afirmou que Ourense “debería ter máis orzamento para as súas festas”, aínda que recoñeceu que “tamén é certo que nos tempos nos que estamos existen outras prioridades e hai que ser responsables coa realidade pola que atravesamos”.
Aínda así, sinalou Isabel Pérez, “as Festas non só son divertimento, que tamén nos compre a todos, senón un factor dinamizador da nosa cidade”, e aludíu a este respecto ao Derrame Rock que comezará o xoves, día 23, e que “convertirá a Ourense nun referente indiscutible a nivel incluso internacional” traendo a cidade a miles de persoas.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 16, MIÉRCOLES
 
Isabel Pérez traslada al Consello del BNG resolver la puesta a disposición de los cargos de García Mata
García Mata pretende endosar al Grupo del BNG la Tenencia de Alcaldía junto a todos sus cargos
El “Camiño Mozárabe” se encuentra “alterado” en Piñor de Cea, donde se desvía a los peregrinos a Oseira
Frieira se ha convertido en una barrera infranqueable para los peces del Miño, dice Coto do Frade
Unións Agrarias pide transparencia, control e contratos homologados para O Ribeiro
 

 

Añade OuD a tu Google