Ourense oferta o seu Termalismo por segundo ano na Expovacaciones que se celebra en Bilbao
 
Dende este xoves, ocupando un espazo do stand de Turgalicia, Ourense volve a estar na Expovacaciones que se celebra en Bilbao ata o vindeiro, 8 de maio. Repite Ourense e a Concellería de Turismo repite tamén a proposta turística da cidade, que sigue centrada no termalismo
 
 
 
 
6 de MAIO de 2011: OURENSE DIXITAL

Ata o vindeiro domingo, día 8 de maio, un expositor informativo  da a coñecer os atractivos turísticos de Ourense no marco da Expovacaciones, a feira turística que se está a celebrar en Bilbao dende este xoves, día 5, e que é unha das de maior traxectoria no Estado e referente incuestionable da zona Norte de España.  Ourense repite por segundo ano consecutivo como expositor dentro do stand de Turgalicia.

Nesta nova edición Ourense repite presenza ao tempo que que Galicia á a Comunidade protagonista desta edición, sendo a comunidade autónoma que recibirá o recoñecemento da organización polo seu apoio e colaboración co evento ao longo da súa traxectoria. 
“Trátase pois dunha oportunidade magnífica para que Ourense reinvindique e de a coñecer o seu valor como destino turístico, localizado no termalismo, coa Estación Termal das Burgas como imaxe central, pero completado coa súa oferta gastronómica, artística, cultural e paisaxística”, sinálase dende o departamento de Ana Garza. 
Así, no expositor os visitantes poderán atopar información ampla e detallada sobre os principais atractivos turísticos da  cidade, as rutas termais, monumental e propostas gastronómicas que se fan dende a Concellería que dirixe a nacionalista Ana Garza.

Nesta nova edición de Expovacaciones están representadas a práctica totalidade das comunidades autónomas de España, así como 14 países, as principias axencias de viaxe, touroperadores, compañías de transporte, etc. 
Haberá un total de 497 expositores abertos ao público.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Ana Garza  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 

 

Añade OuD a tu Google