Turismo do Concello de Ourense reivindica a singularidade de Seixalbo ao editar o seu roteiro turístico
 
O núcleo de Seixalbo, un dos máis fermosos da cidade e que mellor sabe aínda hoxe conservar a súa identidade e singularidade, conta xa con un roteiro que a Concellería de Turismo de Ourense engade aos xa postos en circulación. A concelleira, Ana Garza, destacou este mércores o presentar o Roteiro de Seixabo a “débeda histórica” que a cidade ten con este núcleo e as súas xentes
 
 
 
 
 
26 de MAYO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Turismo de Ourense do Concello de Ourense ven de ampliar o seu fondo de publicacións turísticas coa edición dun roteiro centrado no núcleo rural de Seixalbo, o único catalogado de interese histórico e etnográfico a protexer segundo o Plan Xeral de Urbanismo de 1986, vixente na actualidade.
O folleto, que mantén o deseño e formato doutros roteiros como o Termal, o Patrimonial ou a Ruta de Tapeo nos Viños, foi elaborado pola Concellería en colaboración coa Asociación Cultural Agromadas, e contempla tanto un percorrido urbán como outro verde deténdose nas paisaxes que rodean o núcleo.

O Roteiro de Seixalbo foi presentado no Salón de Plenos, en presenza da Concelleira de Turismo, Ana Garza Cortiñas, o Concelleiro de Perímetro Rural e veciño de Seixalbo, Manuel Herminio Iglesias, a vicepresidenta de Agromadas, Margarita Seara, e o presidente da Asociación de Veciños  de Seixalbo, Juan Cid Boo. Durante a presentación Garza falou da “débeda histórica” que a cidade tiña con Seixalbo a hora de reinvidincar este núcleo e que “entrase  a formar parte do catálogo de atractivos turístico da cidade”.
Neste sentido, a edil de Turismo incidiu na importancia de “dar ao turista a oportunidade de coñecer este núcleo singular e fermoso, que mantén todo o seu atractivo histórico e patrimonial, aportandolle unha información nova da que antes non dispoñiamos”. 

Pola súa banda, o concelleiro de Perímetro Rural, Manuel Herminio Iglesias, lembrou “o importante movemento asociativo e a dinamización que se ten dado en Seixalbo”, unha reinvindicación do lugar que tivo “ a súa resposta municipal, coa publicación por parte de Cultura do volume Anacos do Pasado e agora o novo roteiro editado desde Turismo”.
A vicepresidenta de Agromadas, Margarita Seara, e o presidente da A.VV. de Seixalbo incidiron na necesidade de continuar o proxecto de rehabilitación e acondicionamento de Seixalbo “porque aínda queda moitísimo traballo por facer” e agradeceron á Concellería a aposta realizada por reinvidicar o atractivo turístico da zona.

O novo roteiro de Seixalbo sae a rúa cunha primeira tirada de 5.000 exemplares que se distribuirán no Centro de Recepción de Visitantes así como os diferentes puntos de Información Turística da Cidade, en Maimón, Outariz, Burgas, Albergue de Peregrino e Santomé. A publicación é xa o quinto folleto editado desde a Concellería de Turismo, xunto co novo rueiro da cidade, o roteiro histórico- patrimonial, a ruta termal, a ruta de Pinchos e a ruta de shopping.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 26, MIÉRCOLES
 
Se completó el vaciado de Santo Estevo, que deja al aire las entrañas de la que fue la central más potente de Europa
Acusan a Iberdrola de arrasar con la iglesia de San Martiño en el Concello de A Teixeira
El Horto Educativo se va a Mariñamansa, ya que en Barrocás no lo quieren los vecinos
El Concello de Ourense trabaja en un “plan de aforro” para el 2011, una vez que los ingresos menguan
La Deputación de Ourense asignará 800.000 euros a la compra de suelo para vivienda protegida
 

 

Añade OuD a tu Google