O candidato do PP de Calvos de Randín promete 30 postos de traballo nada máis acadar a alcaldía
 
Amplo Plan de Emprego para unha non menos ampla recuperación do patrimonio histórico, artístico e cultural de Calvos de Randín. É o que propuxo este luns o candidato do PP, José Manuel Andrade, nun acto que contou coa presenza do número 2 do PPdeG, Alfonso Rueda, e do presidente provincial do PP, Manuel Baltar
 
 
 
 
10 de MAYO de 2011: OURENSE DIXITAL

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Calvos de Randín, José Manuel Andrade, porá en marcha nos meses seguintes de acadar a Alcaldía do municipio un Plan de Emprego que permita recuperar o patrimonio histórico, artístico e cultural do municipio, con actuacións de rehabilitación, acondicionamento e mellora de lavadoiros, cruceiros, capelas, fontes e outras construcións “para poñer en valor o patrimonio do noso concello que na actualidade está completamente esquecido e ruinoso”.
Así o explicou o candidato popular este luns nun acto de campaña que tivo lugar en Calvos de Randín coa presenza do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, e do presidente provincial do partido, Manuel Baltar.

Este proxecto de creación de emprego, que se desenvolverá a través de obradoiros, “permitirá dar traballo a unhas 30 persoas, e comezaría a desenvolverse nos meses seguintes unha vez acadada á Alcaldía polo Partido Popular”, confirmou José Manuel Andrade.
Xunto a esta medida para loitar contra a crise económica que afecta gravemente ao desemprego no Concello de Calvos de Randín, Andrade dixo que o concello de Calvos de Randín “ten tamén a necesidade inexcusable de ter unha residencia para que as persoas maiores poidan ser atendidas sen perder os lazos cos pobos, as súas familias e amigos”.

O programa do PP para Calvos de Randín contempla tamén a creación dun Centro Agroforestal e Gandeiro para investigación, análise de terras de cultivo e asesoramento para o mellor uso do campo, e mellorar as instalacións deportivas, a praia fluvial e acometer un plan de rehabilitación de vivendas nos núcleos de poboación.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
 
  La Campaña Electoral al día  
  6 de Mayo, Arranque de Campaña  
  La PreCampaña día a día  
  Candidaturas Municipales de 2011  
  NÚMS. 1 DEL PARTIDO POPULAR NÚMS. 1 DEL PSdeG-PSOE NÚMS. 1 DEL BNG  
 

 

 
 
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google