Convocada unha nova edición, a XII, do Premio Vicente Risco de Creación Literaria
 
Convocada unha nova edición do premio Vicente Risco de Creación Literaria. Está dotado con 600 euros e os traballos terán que ser presentados antes do vindeiro 1 de outubro. Ademais do premi en metálico, a obra premiada será publciada pola editorial Sotelo Blanco
 
 
 
 
30 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

Coincidindo co aniversario do pasamento do político e intelectual ourensán Vicente Risco o día 30 de abril, a Concellería de Cultura do Concello de Ourense vén de publicar as bases  do Premio Risco de Creación Literaria na súa décimo segunda edición. O certame está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco en colaboración con Sotelo Blanco Edicións.

Poderán concorrer ao concurso calquera persoa  que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega  cunha extensión mínima de 150 folios e máxima de 300.
Os orixinais poden presentarse no Rexistro Municipal do Concello de Ourense antes do día 1 de outubro, data do nacemento de Vicente Risco.
A obra gañadora será premiada con 6.000 euros, ademáis da publicación do libro pola editorial Sotelo Blanco. O xurado encargado de fallar o certame estará integrado por cinco persoas do ámbito literario, sendo unha o gañador da pasada edición do certame. A presidencia exercerána unha persoa designada polo Concello.

Os gañadores en edicións pasadas do Risco de Creación Literaria foron Fernando Rodríguez Méndez por “Deus Xogando aos Dados, e Hixinio Puentes por “A do vinte e un”, premio correspondente a décima edición de 2009.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google