Esculturas de auga, ferro, madeira e pedra de Manolo Paz no Centro Cultural de Ourense
 
Dende este 15 de abril e durante todo o mes de maio, o Centro Cultural da Deputación de Ouense acolle unha exposición de esculturas de auga, ferro, madeira e pedra de Manolo Paz. “Quero que o espectador poida disfrutar de varias épocas que marcaron a miña traxectoria escultórica”, sinalou o autor na presentación da súa mostra
 
 
 
 
 
16 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

“Unha mestura de sensacións, elementos e formas”, así define o propio autor, Manolo Paz, a obra que pode contemplarse dende este venres, 15 de abri, no espazo expositivo do Centro Cultural de Ourense durante o mes de maio.
“Quero que o espectador poida disfrutar de varias épocas que marcaron a miña traxectoria escultórica, e algunhas das pezas é a primeira vez que se expoñen”, sinalou Manolo Paz na presentación da súa exposición, na que se referiu ás obras como “pezas de grande volume pero pouco pesadas, dadas as limitacións de peso que ten a sala, aínda que iso se contrarresta co fermoso e amplo espazo expositivo do Centro Cultural, que permite un lucimento espectacular das esculturas”, afirmou.

Auga, ferro, madeira e pedra son os catro elementos que utiliza o escultor Manolo Paz para crear o entorno escultórico desta exposición.
Francisco González Bouzan, director do Centro Cultural, cualificou a Manolo Paz como “un dos referentes da escultura galega contemporánea” e dixo que esta exposición “amosa a traxectoria do artista e a súa capacidade para sacarlle á pedra e aos demais materiais un sentido e un sentimento até o punto de que as obras chegan a interaccionar co espazo”.

González Bouzán, quen agradeceu o apoio de Agadic ao ser socio nesta exposición, afirmou que Manolo Paz “é un investigador da escultura, e os ourensáns e visitantes que se acheguen ao Centro Cultural terán a oportunidade de ver a un dos grandes creadores galegos despregando toda a grandeza da súa arte”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google