“Fagas o que fagas sempre vale”, lema dunha nova campaña da Concellería de Voluntariado
 
 
 
  Marta Arribas
Por pequena e puntual que sexa a solidariedade, “sempre se traduce nun resultado positivo e concreto maior do que pensamos”, sinalou Marta Arribas este xoves ao presentar unha nova campaña da Concellería de Voluntariado do Concello de Ourense. Leva por lema e filosofía “Fagas o que fagas sempre vale”
 
4 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL
 
 
 

“Fagas o que fagas sempre vale” é o slogan e lema dunha nova campaña da Concellería de Voluntariado do Concello de Ourense que, neste eido, foi presentada este xoves.
A titular desta Concellería, a nacionalista Marta Arribas, sinalou que os obxectivos desta nova iniciativa son os de “sensibilizar e informar a toda a cidadanía de Ourense sobre o valor da solidariedade, invitar á participación de todos os veciños e veciñas en accións voluntarias e captar persoas para fortalecer o labor voluntario das entidades da cidade”.

“Fagas o que fagas sempre vale” tenta transmitir a idea do valor da acción voluntaria que, “por pequena e puntual que sexa, sempre se traduce nun resultado positivo e concreto maior do que pensamos”, sinalou Marta Arribas.
A campaña destaca que o voluntariado como “causa” ten un “efecto” automático na vida doutras persoas, no entorno no que vivimos “porque a acción local conleva moitas veces un efecto global”.

A iniciativa plantexa, así mesmo, unha serie de accións formativas dentro do Plan Formativo do Voluntariado para este ano.
O Plan do 2011 estrutúrase en tres bloques, segundo as formacións sexan básica, específica ou técnica tomando como referencia o público ao que vai dirixido o Plan Formativo.
Todos os cursos son gratuitos, e a inscrición faise na Oficina Municipal do Voluntariado da Praza de San Martiño, 2.
As prazas en cada curso don 25, e a duración vai dende as 4 horas do Obradoiro Básico ás 20 que dura o da formación máis técnica.

 
 

 

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google