O Concello de Ourense blinda as competencias en materia de transporte urbán e ordenación do tráfico
 
O Concello de Ourense ven de plantexar á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia que, aínda estando a favor da implantación do transporte metropolitano nesta cidade, as competencias en materia de ordenación de tráfico e do propio transporte urbano son do Concello de Ourense. Así se defende e salvagarda nun anexo que, elaborado por as concellerías de Mobilidade e Tráfico e Seguridade, foi remitido a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia
 
 
 
 
 
26 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Mobilidade do Concello de Ourense vén de remitir a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia un anexo ao convenio para a implantación do transporte metropolitano en Ourense, anexo no que o departamento de Manuel Herminio Iglesias Vázquez plantexa as salvagarda das competencias municipais en materia de transporte urbán e ordenación de tráfico.
O documento foi feito público este venres nun acto no que interviron os concelleiros nacionalistas Manuel Herminio Iglesias, delegado de Mobilidade, e Fernando Varela, responsable de Tráfico e Seguridade Cidadá. Ambos concelleiros do BNG coincidiron en defender a necesidade da implantación do transporte metropolitano “salvagardando en todo caso as competencias municipais na xestión dun servizo público do que o pasado ano desfrutaron máis de 7 millóns de ourensáns”, sinalou o titular de Mobilidade.

Manuel Herminio Iglesias  fixo fincapé no esforzo que desde a Concelllería de Mobilidade se leva realizado para optimizar o servizo de transporte público na cidade, e afirmou que  “comprometémonos desde as nosas competencias a garantir a máxima interconectividade entre ambos sistemas”.
Pola súa banda, Fernando Varela referíuse a que esta é “unha demanda histórica do BNG pola que levamos varios anos pelexando”.

O documento establece por escrito que o Concello manterá en todo momento as súas competencias en transporte urbán e tráfico e mobilidade interior, concretando que tanto os trámites concesionais como as liñas, horarios e rutas dos autobuses urbáns serán xestionados exclusivamente desde o ámbito local. Así mesmo, no correspondente a paradas urbanas, mixtas e intercambiadores, a súa ubicación decidiráse tamén desde o ámbito municipal “pois temos que adaptarnos aos fluxos de tráfico da cidade buscando o menor impacto negativo posíbel”, explicou o Concelleiro de Mobilidade, Manuel Herminio.
A este respecto o Concelleiro de Tráfico e Seguridade, Fernando Varela, lembrou as indicacións e informes da Policía Local feitas nesta liñas, que  alertaban das consecuencias que suporía para o tráfico da cidade a circulación de autobuses interurbanos na zona centro.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
 
 
HACE HOY UN AÑO 26, VIERNES
 
El bipartito aprobó los terceros presupuestos de su mandato en el Concello de Ourense, los más altos de la historia de la ciudad
En los últimos 3 años los presupuestos del Concello de Ourense aumentaron casi un 40%
El ourensano es el gallego que toca a más dinero de su Concello en 2010, 993 euros
La lluvia y el viento dejaron numerosos problemas viarios en Ourense y 128 niños sin clases
Velle abrió compuertas a las 8 de la mañana y el Miño volvió a anegar el Ourense Termal
 

 

Añade OuD a tu Google