Adxudicadas as obras de remodelación do Parque de San Lázaro, mellora da capa vexetal incluída
 
A Xunta de Goberno do Concello de Ourense deuse por enterada das ofertas que se presentan para a remodelación do Parque de San Lázaro, obras que abranguerán tanto a mellora da súa capa vexetal como das dúas zonas de xogos infantís, sinala o Concello de Ourense. Os traballos adxudícanse en casi 100.000 euros para o primeiro dos traballos, e en 187.799 no caso da remodelación do espacio de xogos
 
 
 
 
25 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense acometerá este ano obras de remodelación do Parque de San Lázaro, que abranguerán tanto a mellora da súa capa vexetal como das dúas zonas de xogos infantís.
A Xunta de Goberno Local tomou coñecemento das ofertas das empresas que optan á adxudicación das obras, sendo a mellor oferta económica a presentada pola empresa Cruz, para a remodelación da capa vexetal e elementos varios, por importe de 99.499,76 euros, e a de Hags Swelek S.A a mellor para a remodelación do espacio de xogos, por importe de 187.799,36.

Os dous proxectos elaborados pola Concellería de Medio Ambiente pretenden promover unha posta en valor dun espacio de lecer que pola súa céntrica ubicación recibe cada día unha gran afluencia de usuarios, e dá servicio a unha numerosa población infantil, que utiliza as dúas zonas de xogos xa existentes.
Este feito, unido á antigüidade do parque, fai precisa unha intervención de mellora para favorecer as mellores condicións de desfrute por parte de tódolos seus usuarios.

Así, o proxecto prevé a renovación das dúas zonas de xogos infantís existentes, nas que se sustituirá o chan de area por un pavimento de caucho e céspede artificial. No caso da zona onde xogan os máis cativos conservarase unha parte de area. Tamén se sustituirán os xogos infantís existentes que se atopan deteriorados polo seu uso e antigüidade, incrementando o número de unidades a disposición dos nenos.
O proxecto de remodelación da capa vexetal e elementos varios do Parque prevé a realización dunha poda especializada de árbores, que garanta o seu bo estado de saúde, e aumente a entrada de luz, mantendo as zonas de sombra precisas.
Tamén se reporán as especies vexetais dos diferentes parterres que se deterioraran pola falta de luz actual. Outras actuacións serán a reparación e pintado da pérgola, e de diferentes elementos de mobiliario urbano que o precisan, como son bancos e farolas, e a reparación do pequeño muro situado nas proximidades da estatua.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google