Pechado ao tránsito peonil o tramo do paseo da beira dereita do Miño, entre A Chavasqueira e O Tinteiro
 
As obras que se están a levar a cabo no tramo do paseo fluvial que discurre entre os puntos termais de A Chavasqueira e O Tinteiro queda pechado ao tránsito peonil os vindeiros tres meses. Así o ven de anunciar a Concellería de Termalismo, que sinala que dito corte é inevitable facelo. Pídense disculpas e confíase en que os traballos poidan estar rematados incluso co mes de abril
 
 
 
 
25 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O tráfico peonil quedará interrumpido nos vindeiros tres meses no paseo termal que discurre entre A Chavasqueira e O Tinteiro con motivos das obras que se están a levar a cabo neste punto, invorma a Concellería de Termalismo do Concello de Ourense. O departamento de Ana Garza considera imprescindible pechar ao tránsito este tramo do paseo termal que discurre pola beira dereita do río Miño.

As obras proxectadas nesta zona comprenden a renovación do firme do camiño neste tramo, a construcción dunha nova baranda de protección, traballos para a recollida e canalización de augas pluviais, e o tratamento e estabilización de taludes na marxe fluvial, que protexerán á zona de futuras inundacións. A acción está financiado polo Concello de Ourense e o Ministerio de Política Territorial a través da Deputación Provincial,  con cargo as subvencións dispostas para paliar os danos ocasiados coas crecidas do Miño o pasado 2010.
O orzamento do proxecto é de 126.737€ e foi adxudicado á empresa Tragsa.

Con motivo deste corte, “preciso para o correcto desenvolvemento dos traballos”, insístese, a Concellería de Termalismo procedeu a súa adecuada sinalización, instalando paneis informativos nos accesos do Campo da Feira e o Tinteiro onde se indica o camiño alternativo, sinalizado  no chan con guía amarelas.
A nova ruta non afecta ao tráfico de vehículos rodados, que manteñen as súas vías de acceso tradicionais.
Desde a Concellería de Termalismo pídese desculpas aos usuarios e viandantes polas posíbeis molestias ocasionadas, e se lembra que “se trata dunha medida necesaria para acometer correctamente uns traballos que redundarán nunha mellora dos servizos nas marxes termais da cidade”.
As obras poderían estar rematadas incluso co mes de abril.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google