Maceda pon en valor os seus recursos para impulsar a vila como lugar “onde vivir”
 
“Destino Maceda: onde vivir é máis”, así se chama unha campaña promocional destas terras coa súa vila ao fronte, que ven de ser presentada polo alcalde Xabier Oviedo, ao que acompañou o empesario e fillo predilecto desta vila, Francisco Nóvoa. Márcase o ano 2015 como punto de inflexión, cando se pevé que o proxecto de futuro deseñado para Maceda esté rematado facendo da vila un lugar de referencia dentro da provincia.
 
 
 
 
 
22 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Concello de Maceda pon en marcha unha campaña de promoción da vila que da conta do potencial e o atractivo que ten o municipio como lugar de residencia. A campaña leva por título “Destino Maceda: onde vivir é máis, e foi presentada este luns no Centro Cultural da Deputación en Ourense, nun acto no que estivo presente o rexedor municipal, Xabier Oviedo, acompañado por Francisco Nóvoa, empresario e fillo predilecto da vila; José Ramón Prol, presidente da Asociación de Comerciantes de Maceda; María José Fernández, veciña, e Elena Rodríguez, responsable de comunicación da campaña.
“Coa vila no seu punto álxido grazas a remodelación da estrada OU-101, que sitúa a Maceda a tan só 10 minutos do Parque Tecnolóxico e das áreas empresarias de San Cibrao e Pereiro de Aguiar, así como a 20 da cidade, o goberno municipal deste Concello está a traballar para colocar a Maceda nun lugar preferente para vivir e un lugar de referencia en Ourense”, sinalas os responsabeis desta camapaña.

“Destino Maceda: onde vivir é máis” busca “promocionar a vila para gañar veciños e empresarios”, como salientou o propio Xabier Oviedo. A campaña pon en valor os recursos da vila a través de trípticos e carteis promocionais, publicidade en medios de comunicación e na línea de autobús Maceda-Ourense.
A mellora da rede viaria, o esforzo inversor na rede de abastecemento, a posta en marcha de programas de atención social, a remodelación de rúas e prazas e unha amplia infraestructura de equipamentos de benestar para maiores (cun Centro de Día de próxima apertura) estanse a converter en eixos claves para o desenrolo da vila.
Maceda ofrece así, en palabras do rexedor, unha “combinación ideal” para facer deste concello “un lugar para vivir”: boas comunicacións, calidade de vida e servizos”.

Sinalouse neste acto que o goberno municipal marcouse o ano 2015 como punto de inflexión. Será entón cando o proxecto de futuro deseñado para Maceda esté rematado, facendo da vila un lugar de referencia dentro da provincia.
Este proxecto deberá abrir un interesante futuro económico para a zona, marcado pola promoción do Parque Empresarial de Maceda. Nun prazo de dos anos “Maceda terá un parque empresarial”, que representará “un antes e un despois para a economía do noso concello”, salientou Oviedo. E sumarase a tradición comercial que ten a vila.

O futuro do concello contempla tamén a construcción dunha escola infantil para 60 nenos nos terreos cedidos en 2008 e a dinamización turística do municipio coa promoción da Serra de San Mamede coma principal patrimonio natural e o Castelo coma patrimonio arquitectónico de referencia. Na actualidade a Concello traballa xa na creación de rutas de sendeirismo para disfrutar da contorna.
O fomento do transporte público para unha óptima comunicación coa cidade e a creación dunha Empresa Municipal de Xestión da Madeira e Biomasa para sacarlle rendemento económico ó gran recurso do municipio, o monte, súmanse tamén a este proxecto de futuro.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
 
 
HACE HOY UN AÑO 22, LUNES
 
El PSOE de Xinzo halla conexiones entre “Raparigas” y la Asociación de Mulleres “O Fiadeiro”
La CIG pide a jueces y fiscales que cese su “paciencia infinita” con el Concello de Xinzo de Limia
El caso de la perrera de Carballiño y la meteórica inversión de la Xunta, trasladado a la Fiscalía de Ourense
El PSOE acusa al alcalde de Pereiro de Aguiar de actuar en clave de Municipales de 2011
El Concello de Carballiño pide a los vecinos que consulten antes de acometer obras por su cuenta
 

 

Añade OuD a tu Google