Medio Rural confirma que as brigadas do lume pasan a ser de 5 traballadores en vez de 7 como ata agora
 
Haberá reestructuración das brigadas do lume, que pasarán a contar con máis brigadas, unhas 50 máis, pero que, pola contra, perderán efectivos e pasará a estar integradas por 5 traballadores en vez de por 7 como ata agora. Así o confirma a Consellería de Medio Rural que sinala ademais que, no que se refire ás prazas vacantes de persoal laboral, só hai “un proceso de reestructuración das brigadas” polo que atinxe ao SPDCIF.
 
 
 
 
22 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Consellería do Medio Rural insiste en que non se vai reducir o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF), descartando, tal e como xa se lles adiantou aos sindicatos, que a proposta de reorganización deste servizo inclúa a disminución de persoal do mesmo. Así o sinala o departamento de Samuel Juárez, ante as alarmas activadas polo sindicato Comisións Obreiras, que ven advertindo da relación de vacantes que Medio Rural pretende ofertar, precisamente, de detraer do concurso de traslado do Grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia.
Comisión Obreiras pide que se convoque inmediatamente a mesa de negociación, ante a sospeita de que a Consellería quere negociar unha reestructuración das brigadas do lume, da Relación de Postos de Traballo ou de ámbalas dúas.

Así as cousas, Medio Rural sinala este luns, unha semana despois de que se incorporaran aos seus postos os traballadores do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais, que no que se refire ás prazas vacantes de persoal laboral só hai “un proceso de reestructuración das brigadas” no que se refire ao SPDCIF.
“Unha reestruturación que culminará coa modificación da relación de postos de traballo (RPT) da Consellería, previa a súa negociación cos sindicatos, e aprobación por Función Pública”, sinala o departamento de Samuel Juárez.

Reestructuración: más brigadas pero con 5 trabajadores en vez de 7

En esencia a reestruturación das brigadas que ten pensado acometer a Consellería de Media Rural concretase en incrementar o número de brigadas (pasando das 134 actuais a aproximadamente 190), e modificar o número de integrantes de cada brigada (dos 7 actuais a 5), pasando ademais a unha libranza conxunta de toda a brigada (e non individual como existe actualmente).
“Iso suporá, entre outras modificacións, crear uns 62 postos de xefes de brigada e peóns condutores a maiores, co crédito dispoñible da non convocatoria neste momento de prazas de peóns en postos vacantes”, sinala o departamento de Samuel Juárez.

A Consellería sinala que o único obxectivo “non é outro que plantexar, conxuntamente cos sindicatos, unha optimización da operatividade organizativa das brigadas, nada que ver isto cunha redución de persoal, nun servizo moi importante e irrenunciable para este departamento”, conclúe a comunicación oficial facilitada este luns ao respecto.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google