O PSdeG preguntará no Parlamento se a Xunta investirá este ano os 2 millóns de euros na Praza de Abastos
 
Mentras recordan que o Goberno Central e o do Concello de Ouense si fan as achegas correspondentes, a Xunta de Galicia nin o fixo no 2010 nin o ten previsto facer neste ano. O PSdeG preguntará no Parlamento de Galicia polos compromisos pendentes do Goberno autonómico coa Praza de Abastos de Ourense, en concreto 2 millóns de euros neste 2011
 
 
 
 
18 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Grupo Parlamentario Socialista presentou unha pregunta para a súa resposta oral en pleno sobre a vontade da Xunta de investir 2 millóns de euros este ano 2011 para a restauración da Praza de Abastos de Ourense.
O deputado Pablo Xabier López Vidal lembra que tanto o goberno de España como o Concello de Ourense teñen partidas de 2 millóns de euros cada unha para a rehabilitación da Praza de Abastos e do seu entorno.
Recorda que o mercado de abastos é un servizo público de moita importancia na historia das ciudades, e en Ourense constituiu un centro relacional no que o comercio coformou o tecido social da cidade.

O deputado sinala que o edificio para o Mercado, que data de 1929, sufriu unha importante remodelación en 1975, pero que na actualidade tanto as instalacións propias do mercado  como dos postos circundantes presentan un importante deterioro que precisa dunha urxente actuación.
O Mercado de Abastos de Ourense conta con máis de 120 postos de carne, pescado, froitas, queixos, aves e produtos conxelados, e se estima que xera máis de 400 postos de traballo directos e 1.000 indirectos.

“Para a cidade ten que chegar a ser un novo foco de atracción e ao seu redor débese producir un proceso de revitalización do tecido económico e urbano sigular”, apunta.
Lembra que en febreiro de 2009 asinouse un convenio entre o Concello e a Xunta para restaurar a praza de abastos, modernizala, e aumentar a súa competitividade. Pero, engade que a Xunta “non materializa este compromiso de 2 millóns de euros nin en 2010 nin nos orzamentos de 2011”, o que, recorda, sí fixeron o Goerno Central e o do Concello de Ourense.
Deste xeito, os socialistas anuncia que preguntarán na Cámara galega se ten vontade a Consellería de Economía e Industria de colaborar solidariamente na restauración da Praza de Abastos de Ourense cunha achega de 2 millóns de euros neste ano 2011.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Pablo López Vidal  
  Noticias Relacionadas  
  El Concello asegura que el Proyecto de rehabilitación de la Plaza se hace por concurso público  
  Acusan al Gobierno de Ourense de romper el candado del BIC a la Plaza de Abastos de la ciudad  
     
     
 
 
     
 
 
 
   
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google