Chega a Ourense por primeira vez o hip hop “solidario e comprometido” de Kase.O
 
O aragonés Kase. O chegará a Ourense, ao Auditorio Municipal, o vindeiro día 25 deste mes. É unha actuación promovida pola Concellería de Xuventude e Voluntariado de Marta Arribas, quen destacou na presentación deste concerto de hip hop que se trata dunha das referencias a nivel nacional neste xénero musical
 
 
 
 
 
16 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Unha das referencias do hip hop estatal, o letrista Kase.O visitará á cidade de Ourense. O vindeiro 25 de febreiro, o artista actuará  no escenario do Auditorio Municipal en compaña do cuarteto musical Jazz Magnetism, un espectáculo que chega a Ourense grazas a unha iniciativa da Concellería de Xuventude e Voluntariado.
Segundo declarou este martes durante a presentación do evento a propia edil de área, a nacionalista Marta Arribas, a nova actividade responde a “o compromiso continuo desta concellería por ofertar aos nosos mozos e mozas ofertas de lecer de calidade e referencia pensadas para eles e de máxima actualidade”.
Neste sentido é de destacar o esforzo económico realizado desde este departamento municipal na organización do concerto, con entradas a un prezo “axustado” de 14€ a 17€.

“A elección deste concerto non foi froito do azar” senón que obedece, tanto a calidade dos músicos senón pola temáticas abordadas nas letras de Kase.O, que “gardan o respecto e a reinvindicación dos valores que desde a nosa acción de goberno local queremos fomentar e promover para os nosos mozos e mozas”, sinalou Marta Arribas no transcurso da presentación.
“A lírica de Kase.O, se cadra o letrista máis importante do hip hop hoxe no Estado, fala dunha liberdade e unha xustiza posíbeis a un tempo en nun país,  a liberdade entre pobos, cidadáns e xéneros, a solidaridade internacional con especial sensibilidade cara o Terceiro Mundo, e o respeito á multiculturalidade e á pluralidade nacional presentes no Estado”, destacou Marta Arribas.
A edil do BNG destacou, así mesmo, que Kase.O é o primeiro cantante de rap aragonés en reinvindicar a fabla como riqueza lingüística do seu pobo, “algo co que nos sensibilizamos e agradecemos de especial xeito”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google