Rematou o obradoiro de Baltar que formou durante un ano a 25 desempregados deste concello
 
Con un investimento de máis de 530.000 euros, 25 desempregados do concello de Baltar veñen de recibir formación nun obradoiro de emprego que se clausurou este luns, e que tivo como obxectivo mellorar a empregabilidade dos participantes. O obradoiro tivo unha duración dun ano
 
 
 
 
 
15 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O director xeral de Promoción de Emprego, Andrés Hermida, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, clausuraron este luns o obradoiro de emprego de Baltar, iniciativa mixta de formación e emprego que tivo como obxectivo mellorar a empregabilidade dos participantes.
Segundo os datos facilitados ao respecto, o obradoiro de emprego do concello de Baltar formou e posibilitou a contratación durante un ano dun total de 25 persoas. Para a posta en marcha desta iniciativa, o Goberno galego investiu máis de 530.000 euros.

O director xeral de Promoción de Emprego destacou que os obradoiros son “unha ferramenta na loita contra o desemprego”, xa que habilitan “formación téorico-práctica” para determinadas profesións, ao combinar formación profesional para o emprego co desempeño dun traballo “real e produtivo”.
Neste caso, o alumnado formouse en tres especialidades: albanelería, restauración de áreas degradadas, e cantería. Así, o traballo que levaron a cabo permitiu, ao mesmo tempo, a mellora das dotacións públicas.
Entre outras actuacións, procedeuse á recuperación e limpeza de rutas que tiveron moita importancia na zona, como a do contrabando, para que formen parte agora do ocio do Concello. Ademais, acometeuse tamén a restauración de varios edificios municipais.

Actualmente, en Galicia estanse a desenvolver un total de 70 accións mixtas de formación e emprego. En total, estas iniciativas contan cun investimento, entre 2010 e 2011, de case 52 millóns de euros e benefician a preto de 2.000 alumnos, sinala a delegación Territorial da Xunta nesta provincia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
 
 
HACE HOY UN AÑO 15, LUNES
 
Piden al juez que exija documentación a Vidriera y BA Vidro de los créditos del Grupo a la planta de Xinzo
El recurso explica al juez cómo se estructura la plantilla de la Vidriera de Xinzo
Baltar Blanco apuntala aún más la celebración de primarias para encabezar la lista del PP en la capital
Pérez Bouza teme que el Plan de Estabilidad afecte a los plazos del tramo Lubián-Ourense
Voluntariado do Concello de Ourense presentou o programa formativo para o 2010
 

 

Añade OuD a tu Google