Comercio do Concello de Ourense aposta por una San Valentín que conxua termalismo e actividade comercial
 
Un total de 300 convites dobles para a Estación Termal de As Burgas é o que aporta a Concellería de Comerció a celebración do San Valentín este luns polos 25 establecimentos floristas adheridos a AFLOR na capital ourensá. Acción coa que, dixo a concelleira Ana Garza, se consigue “dinamizar a Cidade Vella e promover o uso da instalación termal de Ourense por excelencia, as nosas Burgas”
 
 
 
 
14 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Un total de 300 convites dobles para a Estación Termal de As Burgas  entre os preto de 25 establecementos adheridos a AFLOR distribúe a Concellería de Comercio do Concello de Ourense na data deste San Valentín, 14 de febreiro. Trátase da aportación que fai a Concellería de Ana Garza ao sector das floristerías da cidade con motivo desta efemeride.
Así mesmo, o pasado sábado a praza de Saco e Arce, na Cidade Vella, acolleu xa unha convocatoria extraordinaria do Mercado de Prantas e Frores da cidade, unha alternativa de lecer que dinamiza as rúas do Casco Histórico ao tempo que amplía a afluencia de público nestas rúas comerciais de Ourense.

A acción de dinamización comercial foi presentada xa a semana pasada nas dependencias da Concellería de Comercio pola edil de área, Ana Garza, que compareceu acompañada polo presidente de AFLOR, Servando Vázquez, e a presidenta da Asociación de Artesáns de Ourense, Olga Santos, así como polo Director Xeral de Turismo e Termalismo, Xose Carballido.  A Concelleira de Comercio destacou na súa intervención “a importancia de que os nosos comerciantes sepan aproveitarse destas datas convertindoas nun incentivo para os seus negocios” e declarou que “a Concellería de Turismo leva todo este tempo amosando o seu apoio incondicional a estas accións, sendo sempre parte activa na dinamización do noso comercio, que é un dos sectores vertebradores da economía da cidade”.
Garza declarou que “o que procuramos sempre é sermos orixinais e chegar ao maior número de xente posible” así como conseguir que estas accións “beneficien á maioría”.

A acción deste lunes consistirá, alén da celebración extraordinaria do Mercado de Prantas no Casco Histórico, na distribución de 300 convites dobles para as Burgas entre os floristas e os propios viveiros participantes no mercado, que poderán repartir entre os seus clientes. Segundo apuntou a edil nacionalista “conseguimos facer así unha triple aposta: apoiar aos floristas, dinamizar a Cidade Vella e promover o uso da instalación termal de Ourense por excelencia, as nosas Burgas”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Ana Garza, concelleira de Comercio  
     
     
 
 
     
 
 
 
   
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google