A Deputación de Ourense condenada a pagarlle ao Consello Municpal de Deportes 240.000 euros
 
Dez anos despois á Deputación tócalle pagar. Así o establece o TXSG nunha sentencia firme contra a que xa non cabe máis que cumprila. Dende o ano 2000 a Deputación débelle ao Consello Municipal de Deportes 240.000 euros (uns 40 millóns das vellas pesetas) polas obras levadas a cabo no Campo de Oira. Agora a Deputación terá que pagalos cartos cos correspondentes xuros de demora máis as costas procesais
 
 
 
 
 
12 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Deportes ven de coñecer o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza polo cal se desestima o recurso interposto pola Deputación Provincial de Ourense á sentencia  emitida polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Ourense en marzo de 2010.
Aquela sentencia obligaba a Deputación a asumir o compromiso económico establecido co Consello de Municipal de Deportes polas obras de acondicionamento e mellora do campo de fútbol de Oira desenvoltas no ano 2000. O fallo que o CMD coñeceu este mércores da a razón ao Consello Municipal de Deportes, e obriga á Deputación Provincial a aboar ao Concello o importe comprometido nas obras, 240.404,84 euros, así como os correspondentes xuros de demora e a imposición dos costes procesais.
Segundo declaraba hoxe a Tenente Alcalde, Isabel Pérez “ponse fin así a un proceso que tivo orixe, como lle consta a instancia xudicial, nun enfrontamento entre institucións”, un conflicto  que a propia Tenente Alcalde calificou “de carácter antidemocrático, pois amosa unha utilización partidista das institucións públicas cuxos principais perxudicados son os propios cidadáns”.

A sentencia, contra a que non cabe recurso ordinario algún sendo, polo tanto firme e de obrigado cumprimento, é o resultado dun longo proceso  que se iniciaba en setembro do ano 2000, cando de xeito unánime Deputación e Concello de Ourense acordaron delegar no Consello Municipal de Deportes a execución das obras en Oira previstas no Plan de Instalacións Deportivas da Deputación, compromentendo esta a devandita contía a tal fin.  Ante a inactividade do órgano provincial nos pagos ao Concello, cheraron os requerimentos que nunca foron contestados e que darían lugar á interpelación dunha demanda xudicial.
En  xaneiro de 2009, no marco da Comisión Especial de Contas, Facenda e Economía da Deputación, o deputado do BNG, Xosé Manuel Fírvida realizou unha pregunta ao respecto, á que o propio presidente da Deputación contestou alegando que non se aboara o pago xa que o entón alcalde de Ourense, o tamén popular Manuel Cabezas, “non quixera contribuir ao saneamento económico do Club Ourense de Baloncesto”, como lembraba o propio edil Fernando Varela, que calificou o conflicto dunha “sinrazón”

Este venres, a Tenente Alcalde, a nacionalista Isabel Pérez, destacou que “no BNG creemos e defendemos as relacións cordiais entre as institucións públicas, o que pasa pola asunción dos compromisos adquiridos, unha política que hoxe sabemos é defendida tamén desde a Xustiza”.
Pola súa parte, o concelleiro de Deportes Fernando Varela apuntou que “agardamos recibir o antes posible eses pagos para poder reinvestilos nas infraestruturas deportivas da cidade”, algo que foi reafirmado pola propia Tenente Alcalde, quen fixo fincapé no compromiso da xestión local do BNG “co fortalecemento dos servizos públicos e o correcto aproveitamento dos recursos, que repercuten na cidadanía, que son aos que verdadeiramente nos debemos na nosa actividade política”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Unha sentenza obriga á Deputación a pagar ao CMD 40 millóns de pesetas con intereses de demora  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
 
 
HACE HOY UN AÑO 12, VIERNES
 
Los técnicos resuelven a favor de la sociedad cooperativa la construcción de la vivienda protegida de Mariñamansa
La Cidade dos Alemáns entra en los planes de la Xunta de puesta en valor de las minas de wolfram
Enrique Novoa defendió en el Parlamento la conexión de la AG-53 con la N-120 en Santa Cruz
El Concello duplica el gasto del “Comedor sobre rodas” que pasa a contar con 300.000 euros
Fernández Liñares compromete 2 kilómetros de paseo fluvial en A Rúa para el verano próximo
 

 

Añade OuD a tu Google