Ana Garza anuncia que, si as obras siguen ao ritmo que van, o bulevar das Burgas estará listo na primavera
 
Si o ritmo se mantén ao paso que vai, “esta mesma primavera a zona estará aberta para o desfrute da cidadanía”, sinalou a concelleira de Termalismo, Ana Garza. Trátase das obras que están en marcha nas hortas traseira das Burgas e que corresponden ao bulevar peonil e o Centro de Interpretación Arqueolóxica. Será a primeira “gran zona verde coa que contará á Cidade Vella”, sinalou a concelleira Iolanda Pérez
 
 
 
 
 
12 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Avanzan a bo ritmo e dentro dos plazos previstos as obras que a Concellería de Termalismo está a desenvolver nas hortas traseiras das Burgas correspondentes ao bulevar peonil e o Centro de Interpretación Arqueolóxica concebidos polo arquitecto César Portela para ese espazo. Así o atestiguou a propia edil de Termalismo, quen este venres visitou a zona acompañada da concelleira de PERIs e BIC das Burgas, Iolanda Pérez, e o Director Xeral de Turismo e Termalismo, Xosé Carballido.
A propia edil de Termalismo anunciou que, de non haber incidencias “esta mesma primavera a zona estará aberta para o desfrute da cidadanía”.

Durante a visita puideronse apreciar, ademais dos movementos de terra, os muros de contención xa rematados  e a protección dos achádegos arqueolóxicos da zona, 3 pozos contemporáneos, unha tumba medieval, estructuras murarias romanas dun hipocausto. Tal e como declarou a Concelleira “estáse traballando dentro dos plazos previstos e o traballo máis complicado esta xá rematado, polo que en primavera poderemos xa abrir ao público”.
Ana Garza fixo fincapé en que estas obras “forman parte dun dos  proxecto quizais máis importantes para o desenvolvemento de Ourense como Capital Termal “e destacou “o importante esforzo de xestión” que supuxeron en canto as diferentes fontes de financiación empregadas e os permisos especiais de Patrimonio que se precisaron para a súa execución, tratándose esta dunha zona declarada Ben de Interese Cultural.

Pola súa banda  a Concelleira de PERIs e BIC das Burgas, Iolanda Pérez, destacou a trascendencia das obras da vida cotiá do Casco Histórico, por tratarse da primeira “gran zona verde coa que contará á Cidade Vella, e que actúa de complemento perfecto á aposta deste goberno pola dotación de servizos na zona”, a que contribue a recuperación de inmobles públicos transformados agora en espazo culturais.
As obras forman parte  do Plan Director do arquitecto César Portela plantexaba unha serie de intervencións que actualmente atópanse en fase final de execución. O obxectivo era recuperar o corazón da cidade pondo en valor un espazo abandonado e degradado. A intervención compleméntase coa recuperación das vivendas situadas nas traseiras das Burgas, Rua Cervantes e Praza da Ferreiría. Ambos  proxectos enmárcanse no Plan Especial de Protección das Burgas.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
 
 
HACE HOY UN AÑO 12, VIERNES
 
Los técnicos resuelven a favor de la sociedad cooperativa la construcción de la vivienda protegida de Mariñamansa
La Cidade dos Alemáns entra en los planes de la Xunta de puesta en valor de las minas de wolfram
Enrique Novoa defendió en el Parlamento la conexión de la AG-53 con la N-120 en Santa Cruz
El Concello duplica el gasto del “Comedor sobre rodas” que pasa a contar con 300.000 euros
Fernández Liñares compromete 2 kilómetros de paseo fluvial en A Rúa para el verano próximo
 

 

Añade OuD a tu Google