A vila de Manzaneda acolle esta fin de semana as IV Xornadas Gastronómicas do Porco Celta
 
A vila de Manzaneda acolle esta fin de semana as “IV Xornadas gastronómicas e de recuperación do porco celta”, nas que colabora o INORDE e a Estación de Manzaneda. O programa de actividades dará comezo o sábado, día 12, cunha matanza tradicional, que terá lugar no pavillón de Manzaneda, para continuar coa apertura da mostra de artesanía
 
 
 
 
 
10 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O vindeiro fin de semana, os días 12 e 13 de febreiro, celebraranse en Mazanenda as “IV Xornadas gastronómicas e de recuperación do porco celta”, así como a “III Mostra de artesanía”, uns eventos que teñen como obxectivo exaltar as excelencias gastronómicas e turísticas da comarca de Manzaneda e Trives. As xornadas, que están patrocinadas polo Inorde e a Deputación provincial, son organizadas pola Asociación Peña A Lardeira.
No acto de presentación este mércores estiveron presentes o presidente do Inorde, José Manuel Freire Couto; o presidente da Asociación Peña A Lardeira e organizador das xornadas, Juan Hervella; o cociñeiro do restaurante O Pendón e especialista en porco celta, José Luis Álvarez; e o xerente da estación de montaña de Manzaneda, David Ferrer. Todos coincidiron na necesidade de promover eventos gastronómicos e turísticos que poñan en valor a riqueza da comarca, “e isto unido coa promoción do porco celta e, sen dúbidas, unha magnífica ocasión para dar a coñecer as excelencias culinarias e as posibilidades de ocio e turismo que ofrece a comarca de Manzaneda”, explicou Freire Couto.

O programa de actividades dará comezo o sábado, día 12, cunha matanza tradicional, que terá lugar no pavillón de Manzaneda, para continuar coa apertura da mostra de artesanía. Tralo xantar haberá un sorteo dun porco celta e unha charla sobre as excelencias deste animal, impartida por un veterinario do Inorde. Ao longo de todo o día haberá tamén demostracións de talleres de cantería e madeira, e o domingo terá lugar un concurso de cociña, cuxa base principal e a utilización do porco celta.

Neste senso, a estación de montaña de Manzaneda colabora tamén coas xornadas presentando durante esta semana no seu menú, dentro das suxestións do chef, pratos elaborados con produtos de porco celta, segundo explicou David Ferrer.
O Inorde ven desenvolvendo nos últimos anos unha importante labor de recuperación desta raza autóctona, moi apreciada pola calidade e sabor da súa carne. Entre os programa que desenvolve figuran proxectos de investigación da mellora da raza e realización de actividades de promoción.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google