Entra en vigor este mércores a nova ordenación de tráfico do Barrio da Carballeira desta cidade
 
A Concellería de Tráfico e Seguridade Cidadá do Concello de Ourense anuncia cambios na Carballeira a partires de este mércores, día 2 de febreiro, o entrar en vigor unha nova ordenación do tráfico das rúas e prazas deste barrio. Aumentará o número de prazas de estacionamento para coches, motos e as reservadas para minusválidos, así como os pasos de peóns elevados para reducir a velocidade de circulación en toda a zona
 
 
 
 
1 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Tráfico e Seguridade Cidadá do Concello de Ourense anuncia para este mércores, 2 de xaneiro, a posta en marcha da nova ordenación do tráfico no barrio da Carballeira, que acompaña ás obras de humanización que está a levar a cabo a Concellería de Infraestuturas.
Esta nova ordenación do tráfico consiste na instalación dunha nova sinalización vertical e horizontal en distintas rúas do barrio para regular a circulación de vehículos e peóns, garantindo así a seguridade vial na zona.
O concelleiro responsable desta área, o nacionalista Fernando Varela, destacou a respeito desta nova ordenación do tráfico a participación das veciñas e veciños na realización do novo deseño de circulación e a importancia que se deu aos peóns no mesmo, establecendo pasos elevados para un maior control da velocidade e para garantir a seguridade dos viandantes.

Os cambios afectarán ao perímetro formado polas rúas Castelo Ramiro, Plaza da Lexión e Rúa Benito Fernández Alonso e Nicomedes Pastor Díaz, así coma as súas rúas tranversais García Alvarez, Filomena Dato e travesía Fernandez Gallego, ademáis da Praza Sagrado Corazón.

- Na Praza Sagrado Corazón: sinalización horizontal ademáis de crear unha praza de estacionamento para minusválidos.

- Na Rúa Castelo Ramiro: dirección única en sentido saída cidade, ata a Praza da Lexión (anteriormente a circulación era de dobre sentido, neste tramo) e nesta intersección ubicarase unha nova parada do autobús urbano.

- Na  Praza da Lexión (na vía Principal) destaca o sentido único de circulación, dirección Rúa Castelo Ramiro ata Rúa Fernández Alonso, contando ademáis con 2 pasos de peóns elevados para reduci-la velocidade dos vehículos, ó tratarse dunha vía próxima a un parque, garantindo así a seguridade dos peóns, ademáis dunha praza de estacionamento para minusválidos e unha nova parada de autobús (próxima a intersección con Rúa Benito Fdez. Alonso).

- Na Rúa Benito Fernández Alonso, destaca que será dun único sentido de circulación, dirección Praza da Lexión ata Rúa Nicomedes Pastor Díaz (con 2 carriles de circulación.).

- Na Rúa Nicomedes Pastor Díaz, sentido único de circulación, desde Rúa Vázquez Nuñez ata Praza Sagrado Corazón, con esta dirección, ademáis dunha praza de estacionamento para minusválidos, ademáis dunha nova Parada de bús urbano e unha zona de estacionamento para Motos.

- As Rúas Filomena Dato e Travesía Fdez.Gallego serán de sentido único, dirección Rúa Castelo Ramiro ata Rúa Benito Fernández Alonso; na segunda vía (Travesía Fdez.Gallego)  haberá unha praza de estacionamento para minusválidos.

- A Rúa M.R.García Alvarez será de sentido único, dirección Rúa Fernández Alonso ata Rúa Castelo Ramiro.

Con esta actuación a Concellería de Tráfico e Seguridade doptará á zona de catro prazas de estacionamento para minusválidos, zona de estacionamento para motos, unha mellor distribución das paradas de bus urbano e a creación de  cen prazas de estacionamento público, entre outras melloras que acompañan ás obras de humanización que a Concellería de Infraestruturas está a realizar no barrio, sinala o departamento de Fernando Varela.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Fotografía : JOSÉ CERDEIRA   
   
  Fernando Varela, concelleiro de Tráfico  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google