Daniel Iglesias ilustrará a obra de María Canosa, ao gañar o “Pura e Dora Vázquez” de ilustración
 
Daniel Iglesias Padrón será o encargado de ilustrar a obra de María Canosa que xa no mes de outubro gañara o Premio “Pura e Dora Vázquez” de narrativa na súa VIII edición. O xurado do premio acaba de dar a coñecer agora que Daniel Iglesias é o gañador na modalidade de ilustración, co que o Premio está completo e a obra lista para publicarse
 
 
 
 
1 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O pontevedrés Daniel Iglesias Padrón foi o gañador da VIII edición do Premio “Pura e Dora Vázquez” de literatura infantil e xuvenil na modalidade de ilustración, que convoca anualmente a Deputación provincial de Ourense. Así o deu a coñecer este luns a institución provincial que convoca este premio.
Sinala a Deputación de Ourense que o xurado, trala súa deliberación, acordou conceder o premio ao traballo de ilustración presentando por Daniel Iglesias, traballo que, segundo recolle a acta, “axústase ás características descritas nas bases”.
O xurado, presidido por José Luis Valladares Fernández, estivo integrado por Javier Blanco Sierra, Ana Malingre Rodríguez, César Taboada Varela e María Canosa Blanco, actuando como secretario o director do Centro Cultural da Deputación de Ourense, Francisco González Bouzán.

Precisamente Maria Canosa Blanco foi a gañadora deste mesmo certamen na modalidade de narración, e o feito de que Daniel Iglesias sexa agora o gañador do de ilustración supón que o pontevedrés terá que ilustrar a obra de María Canosa para completar o premio “Pura e Dora Vázquez”.
O fallo do premio de narración fíxose público o pasado día 8 de outubro, estando dotado, ao igual que o de ilustración, con 3.000 euros.
No seu momento, o xurado do premio de narración decantouse pola obra de María Canosa por “o feito de ser unha historia moi imaxinativa, alegre e fresca, nun entorno familiar cheo de ternura. O texto ten un final educativo, é dinámico, rico e inxenioso, ademais de ser rico e atractivo para o proceso de ilustración”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
 

María Canosa es la ganadora del VIII edición del premio “Pura e Dora Vázquez” de narrativa

 
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google