Emigración da Xunta anuncia que manterá en 2011 tódolos programas no Exterior e as axudas individuais
 
Aínda descoñecendo a día de hoxe o recorte que o Goberno Central aplicará en 2011 ás políticas de integración dos inmigrantes, la Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia establece que disporá ao longo de este ano de 12,7 millóns de euros. Esto permitiralle manter tódolos programas de subvencións ao exterior, incluíndo as axudas individuais. Anúncianse recortes, pero nunca nas propias axudas senón en gastos prescindibles como poden ser reunións, factura de teléfono ou sistemas informáticos
10 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Secretaría Xeral da Emigración disporá este ano 2011 de 12,7 millóns de euros, orzamento co que prevé manter tódolos seus programas de subvencións ao exterior, e, nomeadamente, a contía das axudas individuais. Así o asegura o departamento de Santiago Cambo nada máis comezar o exercicio de 2011.
Como obxectivo específico para este 2011, Emigración mantén tódolos programas no exterior, e as contías das axudas individuais, durante este exercicio; e fornecerá as circunstancias polas que Galicia se consolida, un ano máis, como a Comunidade Autónoma á cabeza de España en porcentaxe de inmigrantes con autorización de traballo tanto por conta allea (33’57%, moi por riba da media nacional) como por conta propia.

Nese dato, recentemente confirmado polo Observatorio Permanente de la Inmigración, Emigración da Xunta de Galicia destaca que cobra un relevante papel de consolidación o millón de euros que cada ano inviste o Goberno galego en accións formativas para a poboación inmigrante, coa finalidade de acadar unha meirande cohesión social entre as poboacións nativa e foránea.
Ante a situación de crise económica e en liña coa política de austeridade que caracteriza o Goberno galego, Emigración centra tódolos seus esforzos en racionalizar o reparto orzamentario e minorar tódolos investimentos non imprescindibles. Recórtanse os gastos non prioritarios, como poden ser equipos para procesos informáticos (-51%), comunicacións telefónicas (-45%), reunións e conferencias (-44%), material variado de oficina (-43%), transportes (-36%), e viaxes, dietas, ou campañas de sensibilización, entre outras partidas.

Aforro de 800.000 €

De entre as partidas que desaparecen do orzamento da Secretaría Xeral da Emigración para o ano 2011, cabe salientar a da Fundación Galicia Emigración (recentemente extinta), e outra de actuacións non prioritarias en colaboración con diversas entidades, ás que se destinaban no 2010, respectivamente, 665.000 e 127.500 euros, polo que o aforro conxunto neste apartado achégase aos 800.000. Pero mantéñense tódalas liñas de axuda finalista para persoas en risco de exclusión social, tanto dirixidas a galegos emigrados no exterior, como a inmigrantes en Galicia.

A prioridade do departamento que dirixe Santiago Camba é manter as axudas individuais a galegos na diáspora en situación de especial vulnerabilidade, tales como persoas con enfermidades graves e/ou crónicas, ou que pasan unha situación económica de emerxencia. Acorde á política orzamentaria de toda a Xunta de austeridade, pero con prioridade nos investimentos sociais, esta partida mantense durante o 2011.

Da mesma maneira, mantéñense tódolos programas de asistencia social, e tamén se manteñen as quince ordes de axuda que tódolos anos se publican no Diario Oficial de Galicia para actividades no exterior, levadas a cabo por concellos, ONGDs, os propios centros galegos no exterior, etcétera. A finalidade desta medida é fornecer a presenza da Xunta na diáspora e manter os vínculos de unión entre os galegos do exterior, e os seus descendentes, coa Galicia territorial.

Asemade, a Xunta mantén en 2011 os programas de cohesión social dirixidos á inmigración, e tamén as axudas ao retorno para aqueles cidadáns galegos que queiran acollerse a este programa, malia o importante recorte que o Estado ten aplicado nas liñas de co-financiamento.

Insensibilidade do Goberno central

“En contraste con esta importante aposta do executivo autonómico en defensa dos galegos na diáspora e dos estranxeiros na Galicia territorial, o Goberno Central decidiu recortar para 2010 –nada menos que nun 65%- as achegas para o Plan de Acción da Inmigración”, recorda o departamento de Santiago Camba.
Asemade, a estas alturas de ano aínda se descoñece a contía que destinará ao longo do xa presente exercicio orzamentario de 2011 para ese cometido, tal e como ten denunciado en múltiplas ocasións o secretario xeral da Emigración.

Neste senso, Camba bota en falla unha maior aposta do Goberno central polos galegos e españois residentes no estranxeiro, tal e como ten feito público en numerosas ocasións. “Como desexo para o ano 2011, oxalá exista unha maior sensibilidade por parte do Goberno central cara as necesidades da diáspora, urxentes e moitas veces desesperadas”, afirma o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Santiago Camba, director xeral de Emigración da Xunta  
     
  Noticias Relacionadas  
  Camba anota en el debe del Goberno Central del 2010 no haber regulado el voto en el exterior  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google