O secretario Xeral de Emigración viaxou, de novo a Arxentina, para reunise con colectivos galegos
 
O secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia atópase de novo na República Arxentina, nunha viaxe que Santiago Camba comezou este pasado sábado por Santander e prolongou na cornixa cantábrica polo País Vasco. Dende aquí, o secretario Xeral de Emigración saíu para a República Arxentina onde prevé estar ata o vindeiro venres
7 de DICIEMBRE de 2010: OURENSE DIXITAL

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, está a completar unha viaxe pola cornixa cantábrica e América do Sur, enmarcada nas visitas regulares que ven desenvolvendo para coñecer de primeira man e in situ as necesidades reais dos galegos da diáspora, e das entidades que os representan.

Camba comezou a súa visita en Cantabria, onde visitou o Centro Gallego sito na céntrica rúa santanderina de Hernán Cortés, onde tivo a oportunidade de escoitar as demandas e necesidades da colectividade galega na rexión e departir coa xunta directiva do Centro, que encabeza José Antonio Otero. Trala visita ás instalacións, Camba acudiu á Cea de Irmandade que se celebrou no Real Club de Regatas da capital cántabra.
Na xornada deste domingo, 5 de decembro, Santiago Camba clasurou unha das citas máis senlleiras da diáspora galega, a XVII edición do Gran Capítulo da Confraría da Queimada no País Vasco, que preside José A. Vilaboa. A celebración desta decimo sétima edición tivo lugar na Casa de Galicia de San Sebastián, cuxo presidente é José Ramón Varela.
Na xornada do luns Santiago Camba saíu para a República Arxentina.

Ese martes, día 7, Santiago Camba ten previsto visitar o Centro Gallego de Jubilados y Pensionados de la República Argentina, na localidade de Avellaneda, onde residen milleiros de galegos no exterior. Despois, almorzará co superintendente de Servizos do Ministerio de Salud arxentino, Ricardo Bellagio. E finalmente, clausurará a xira da mostra de fotografía “Olladas no camiño de Santiago 2010”, con obras de seis fotógrafos galegos, organizada polo Xacobeo, que se ten visto en quince localidades distintas da república pratense, e que se calcula que puideron visitar máis de 200.000 persoas.

O xoves día 10, Camba chegará pola mañá ao Centro Gallego de La Plata, que preside Martha Bartolucci, sita na localidade homónima arxentina, e pola tarde visita a Asociación Centro Betanzos, de Bos Aires. Finalmente, terá lugar un encontro do secretario xeral da Emigración cos presidentes de tódalas entidades galegas da capital arxentina, xuntanza que terá por sede o Hogar de Ribadumia.

Camba finalizará a seu periplo o venres no Centro Gallego de Buenos Aires, onde terá oportunidade de conversar novamente coa colectividade galega, e máis de preto co presidente da entidade, Carlos Alberto Vallejo. En torno ao mediodía terá lugar, na Delegación da Xunta en Bos Aires, o contacto coa prensa para a valoración final da viaxe.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Santiago Camba Bouzas, secretario Xeral de Emigración de la Xunta de Galicia  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google