Remata este domingo a tempada de baño nas Piscinas Públicas de Oira
 
 



Comeza o curso escolar para os máis cativos, o verán vai rematado e a Concellaría de Deportes anuncia que este domingo, día 12, remata a tempada de baño nas Piscinas Públicas de Oira
 
 
 
10 de SEPTIEMBRE de 2010: OURENSE DIXITAL

Co remate da xornada dominical deste 12 de setembro, ás nove da tarde quedará clausurada a tempada de baño nas piscinas públicas do Complexo Deportivo de Oira, segundo ven de anunciar a Concellaría de Deportes do Concello de Ourense.
Xa entrado oficialmente o curso escolar para os cativos de Infantil e Primaria, a Concellería de Deportes pon remate a esta tempaña de verán que comezou este ano a primeiro de xuño.

En consecuencia, a Concellaría de Deportes anuncia que a partires de esta data, domingo, día 21, suprímese o servizo de socorristas e as instalacións quedarán oficialmente pechadas á práctica do baño.
As Piscinas de Oira cumpriron deste xeito unha nova tempada de verán, sendo as únicas da cidade que prestan este servizo de xeito totamente gratuito, xa que as de Monterrei e a do Parque Tecnolóxico que se ubican nestas paraxes non lonxe da capital, son de pago.

 

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Abren también este sábado las piscinas de Oira, y el verano se declara llegado a Ourense  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   
   
   
   

 

Añade OuD a tu Google