As obras do Centro de Interpretación dos Recursos Naturais de Eirasvedras xa teñen licencia municipal

 
Xa poden comezar as obras do Centro de Interpretación dos Recursos Natuais de Galicia a construir en Eirasvedras. A Xunta de Goberno Local deulle licencia de obra este xoves, unha vez que xa aportou os terrenos necesarios
3 de SETEMBRO de 2010: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa xuntanza deste xoves conceder a licencia para a construcción do Centro de Interpretación dos Recursos Naturais de Galicia, que se ubicará en Eirasvedras. As obras realizaranse en base ao convenio de colaboración asinado polo Concello de Ourense, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Medio Ambiente, e suporán un investimento de 8,5 millóns de euros: 7 millóns que achegará o MARM para a construcción do inmoble, e outros 1,5 para equipamento do Centro aportados pola Xunta, que tamén aporta o proxecto técnico.
O Concello, pola súa banda, facilitou os terreos necesarios para a construcción deste equipamento, adquirindo a través de expropiación un total de 67 parcelas, cun investimento de 223.000 euros. Tamén xestionou as autorizacións oportunas, recabando previamente os informes técnicos de Confederación Hidrográfica do Miño Sil e Ministerio de Fomento, ambos favorables.

O Centro ubicarase nunha parcela sita en Eirasvedras, nas proximidades do río Miño.
O edificio terá como principal finalidade divulgar a riqueza dos recursos naturais de Galicia, con funcións eminentemente museísticas e informativas acerca dos espacios protexidos de Galicia. “Non en vano, Ourense é a provincia que ten unha maior superficie de solo protexido de Galicia e o maior número de parques naturais”, recorda o Concello de Ourense.
O Centro contará cun espacio de recepción que dá acceso ás diferentes salas de interpretación situadas ó longo dun percorrido na planta baixa do inmoble, unha sala de proxeccións no entrechán con capacidade para acoller a 286 persoas, e  un espacio administrativo para a xestión do Museo, aseos, vestiarios e demáis servicios.

As obras, que serán executadas pola empresa pública TRAGSA, poderán comezar tan pronto como a Xunta de Galicia designe ó Director de Obra e elabore o Plan de Seguridade da mesma.
Segundo comunicou ao Concello o director xeral do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, unha vez construido o centro, o Ministerio o entregará á Xunta de Galicia, que, a partir dese intre, asumirá a súa xestión, asegurando os gastos de mantemento, funcionamiento e conservación

Construcciones Gamallo fará o Horto Educativo de Mariñamansa

Tal e como estaba previsto, a Xunta Local adxudicou na súa reunión de este xoves as obras do Horto Educativo que construirá o Concello na marxe dereita do río Barbaña, en Mariñamansa.
As obras serán realizadas pola empresa Construcciones Gamallo, suporán un investimento de 328.128 euros con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego me a Sustentabilidade Local, e darán emprego a 8 traballadores. A empresa engade ademais melloras valoradas en 95.304 euros.

 

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google