A Xunta saluda o cambio operado na presidencia do Centro Galego de Buenos Aires

 
A Xunta valora positivamente o cambio operado na presidencia do Centro Galego de Buenos Aires. Entra “un home dialogante, que coñezo desde hai anos e de recoñecido prestixio”, sinalou o secretario Xeral de Emigración, Santiago Camba
 
3 de SETEMBRO de 2010: OURENSE DIXITAL

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba Bouzas, vén de felicitar, en nome do titular do Goberno galego, ao novo presidente do Centro Galego da capital arxentina, Carlos Vello, a quen cualificou como “un home dialogante, que coñezo desde hai anos e de recoñecido prestixio”.
Neste sentido, asegurou que “os acontecementos desta fin de semana”, referíndose ás eleccións no Centro Galego de Buenos Aires, son “moi importantes non só para o propio centro, canto para a democracia das institucións galegas no exterior”.
Santiago Camba reuniuse este martes en Buenos Aires cos presidentes entrante e saínte do Centro Galego, Carlos Vello e Julio Martínez, respectivamente. Este encontro celébrase logo das eleccións na institución, o pasado domingo, no que resultou elixido Vello, candidato das agrupacións “Unión Galega” e “Galicia”.

No encontro deste martes, Santiago Camba transmitiu, en nome do presidente Alberto Núñez Feijóo, o “agradecemento” a Julio Martínez polo traballo desenvolvido nos últimos anos á fronte da institución e a “felicitación” a Carlos Vello e renovou o compromiso da Xunta de Galicia de continuar colaborando co Centro Galego de Buenos Aires e traballando a prol da colectividade galega no país austral. “Como Administración queremos felicitalo e renovar o apoio da Xunta, que ten moi clara a súa aposta por este centro”, remarcou o titular de Emigración do Goberno galego.

Do mesmo xeito, Santiago Camba fixo público recoñecemento do proceder das agrupacións que concorreron á elección sinalando que é de “agradecer” o seu comportamento tanto na campaña como no mesmo día da votación.
Pola súa banda, Carlos Vello, presidente electo, agradeceu o apoio recibido polo Executivo autonómico á súa futura xestión e destacou as conversas telefónicas que mantivo desde o primeiro momento tanto co delegado da Xunta en Buenos Aries, como co secretario xeral da Emigración.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  A Xunta adica 235.000 euros ao programa “Reecontros na Terra” para casi 200 emigrantes  
  A Xunta concede axudas económicas a máis de 7.000 galegos en situación de precariedade  
  Emigración achega gratuitamente libros aos centros galegos de varios países de América e Europa  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   

 

Añade OuD a tu Google