A Xunta adica 235.000 € ao programa “Reecontros na Terra” para casi 200 emigrantes con poucos recursos

 
 

Emigración pretende “achegar aos emigrados galegos con dificultades económicas a realidade sociocultural da súa terra de orixe".
Preto de 200 chegarán a Galicia nos vindeiros días
 
 
 
31 de AGOSTO de 2010: OURENSE DIXITAL

Preto de 200 galegos da emigración con poucos recursos para costearse unha viaxe á península participarán no programa “Reencontros na Terra” organizado pola Secretaría Xeral de Emigración coa colaboración da Secretaría Xeral de Familia e Benestar, dependente da Consellería de Traballo e Benestar.
Con este programa, a Secretaría Xeral de Emigración pretende “achegar aos emigrados galegos con dificultades económicas a realidade sociocultural da súa terra de orixe mediante a realización de diversas actividades que lles permitan coñecer de primeira man a cultura galega e, ao mesmo tempo, reencontrarse cos familiares que permanecen na comunidade e cos que teñen dificultades para manter contacto”, sinala o departamento de Santiago Camba.

Os beneficiarios deste programa viaxarán a Galicia en dúas quendas. Un primeiro grupo de 131 emigrantes chegará a mediados do mes de outubro, e un segundo grupo de 59 persoas farao a mediados de novembro.
Emigración considera “fundamental” para a realización deste programa a participación da Secretaría Xeral de Familia e Benestar da Xunta de Galicia, departamento que correrá cos gastos derivados dos servizos de aloxamento e manutención dos seleccionados.
Estes, poderán facer uso das residencias de tempo libre da Comunidade durante un período máximo de 14 días, despois do cal poderán permanecer en Galicia xunto cos seus familiares ata un máximo de tres meses.

Para a realización deste programa, que “consolida a aposta da Secretaría Xeral de Emigración por facilitar o reencontro coa terra de orixe dos emigrados que teñan dificultades para manter contacto cos familiares da Comunidade”, sinala a Secretaría Xeral de Emigración, a Xunta destina unha partida de 235.000 euros.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Emigración achega gratuitamente libros aos centros galegos de varios países de América e Europa  
  En marcha os cursos gratuitos de Galego para galegos residentes no exterior  
  Preto de 50 mozos da emigración xa solicitaron as bolsas de estudo da Secretaria de Emigración  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   

 

Añade OuD a tu Google