A Xunta concede axudas económicas a máis de 7.000 galegos en situación de precariedade

 

Un total de 7.208 emigrantes galegos en situación de precariedade veranse beneficiados polas axudas económicas que concede Emigración da Xunta este ano. Son 219 beneficiarios máis que en 2009

30 de AGOSTO de 2010: OURENSE DIXITAL

Un total de 7.208 emigrantes galegos en situación de precariedade veranse beneficiados polas axudas económicas que concede a Secretaría Xeral da Emigración. Os beneficiarios das axudas, destinadas a cubrir necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria, son tanto os emigrantes galegos residentes no exterior como os seus descendentes ata a segunda xeración que posúan a condición de galego segundo o establecido no Estatuto de Autonomía de Galicia.

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia destina este ano 2.350.000 euros ao programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 31 de marzo. Á data de hoxe, a Secretaría sinala que tramitou 8022 peticións de axudas das cales foron admitidas 7208 solicitudes, denegadas 606 e 199 desestimadas por presentación da documentación fora de prazo.
Neste ano 2010 rexistrouse un aumento de 219 beneficiarios con respecto ao 2009, cando se concederon axudas a 6989 persoas. Concretamente Cuba foi o país onde se produciu un maior incremento de axudas concedidas que pasaron de 5.643 solicitudes admitidas no 2009 a 5.913 no 2010.

O programa ten como obxecto a concesión de prestacións de carácter social, dirixidas aos emigrantes de orixe galego que se atopen en situación de precariedade económica para cubrir así necesidades básicas de subsistencia e en materia de atención sociosanitaria tales como: situacións de dependencia ou enfermidade grave, invalidez ou enfermidade permanente, cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves, violencia de xénero ou situación de paro prolongado.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   

 

Añade OuD a tu Google