O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, denunciou este venres en Viana do Bolo que ante a lacra dos incendios “non hai responsables da Xunta “que dean a cara nin asuman responsabilidades”.
“Estamos vivindo unha vaga de lumes na que Ourense está sendo cruelmente castigada e está sendo cruelmente esquecida polo goberno galego”, sinalou o máximo responsable dos socialistas galegos ao visitar Viana do Bolo.
Pachi Vázquez sinalou tamén que “se ocultan datos, se minte no número de hectáreas, decláranse extinguidos incendios que ao día seguinte seguen vivos, e, sobre todo e o máis importante, se abandona a prevención de incendios forestais en concellos como Viana, como O Barco ou A Veiga”, engadiu o secretario Xeral do PSdeG-PSOE.
Vázquez Fernández denunciou, así mesmo, que “nin un só dos 34.000 núcleos galegos foi limpado no ano en curso”, dato ao que engadiu que “o Partido Popular só contempla a Galicia interior como unha reserva de votos cando lle fai falta, e automáticamente pasa a olvidalo e esquecelo”.
O líder dos socialistas de Galicia fixo estas declaracións acompañado do secretario Xeral provincial, Raúl Fernández, e da secretaria de Organización provincial, María Quintas.
Precisamente Raúl Fernández denunciou o abandono da provincia de Ourense por parte dos responsables da Xunta, especialmente do superdelegado provincial e do Presidente da Deputación, e sinalou que “o PP nesta provincia segue envolto en loitas internas e non leva a cabo nin políticas de creación de emprego nin desenvolvemento económico”.
Fernández sinalou que as expectativas do PSOE na provincia de Ourense de cara ás municipais do vindeiro ano “son boas”, prevendo o socialistas ourensáns que o PSdeG seguirá a medrar en Ourense en número de votos, número de alcaldías “e así acadar a Deputación provincial”, dixo Raúl Fernández.
|