Os días 7 e 8 de agosto chega a V Feira do Viño de Monterrei, que se celebrará en Verín e que foi presentada este martes coa presenza da directora Xeral de Turismo e ex concelleira do Concello de Verín, Carmen Pardo. Ao longo das dúas xornadas da feira desenvolveranse actividades lúdicas e gastronómicas como catas, demostración de sumillers, sorteos e visitas guiadas, e haberá tamén unha mostra de produtos típicos das denominacións de orixe de Galicia como queixos, mel e lacón, entre outros. Núñez Feijóo acudirá a inauguración, e Manuel Manquiña pronunciará o pregón da Feira.
 
 
Verín acollerá a primeira fin de semana de agosto a V Feira do Viño de Monterrei
 
28 de JULIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Verín acollerá os vindeiros días 7 e 8 de agosto a V Feira do Viño de Monterrei, que contará coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, no acto de inauguración, que terá lugar ás 12.00 horas do día 7, na praza de García Barbón, en Verín, tralo cal lerase o pregón a cargo do actor Manuel Manquiña. O certame presentouse este martes no Centro Cultural da Deputación de Ourense, institución provincial que colaborará n desenvolvemento deste certame.
Ao longo das dúas xornadas da feira desenvolveranse actividades lúdicas e gastronómicas como catas, demostración de sumillers, sorteos e visitas guiadas, e haberá tamén unha mostra de produtos típicos das denominacións de orixe de Galicia como queixos, mel e lacón, entre outros.

O presuposto deste ano, segundo explicou o presidente do Consello Regulador, ascende a 32.000 euros, para o cal colaboran a Deputación de Ourense, o Inorde, a Xunta de Galicia, o Xacobeo e o Concello de Verín.
O evento, no que participan 12 adegas, constitúe, segundo explicou o alcalde de Verín “unha das máis importantes actividades para a promoción turística da comarca, e por elo temos que apoiala e seguir innovando para potenciar o seu desenvolvemento”, sinalou Jiménez Morán.

Pola súa banda, a directora xeral de Turismo da Xunta, Carmen Pardo, explicou que a importancia que está a acadar o “enoturismo” fai que exista “un maridaxe perfecto entre o viño e o turismo de calidade, o cal nós temos que impulsar con novas apostas que relacionen este turismo do viño co turismo rural e co termalismo”.
A secretaria xeral enumerou os importantes proxectos que se están a desenvolver neste senso na comarca de Monterrei-Verín, algún dos cales se realizan en colaboración co concello portugués de Chaves. O máis inmediato é o que comezará poñerse en práctica en setembro, como é a sinalización das rutas do viño de Monterrei, “que, sen dúbida, contribuirá a dinamizar turísticamente a comarca”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página