A cidade de Ourense recibe do Ministerio de Política Territorial 227.765 euros dos 402.000 que recibe Galicia para paliar os efectos do temporal de comezos de ano. A Secretaría de Estado de Cooperación vén de aprobar a resolución na que adxudica as axudas, incluídas nun programa que ten un importe total de 131,5 millóns de euros. Sendo como xa son definitivas as axudas, agora o Concello de Ourense detalla as obras a levar a cabo nos 17 proxectos que acadan axudas do Estado.
 
 
A capital ourensá recibe 227.765 do Estado para paliar os efectos do temporal de primeiros de ano
 
30 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense recibirá do Ministerio de Política Territorial 227.765 euros en concepto de subvencións para paliar os efectos ocasionados en infraestructuras municipais polo temporal de primeiros de ano.
A Secretaría de Estado de Cooperación vén de aprobar a resolución na que adxudica as axudas, incluídas nun programa que ten un importe total de 131,5 millóns de euros, do que se beneficiarán un total de 712 municipios, 28 deputacións provinciais, 4 cabildos, 2 mancomunidades e un consello insular.
As axudas financiarán o 43,4% das actuacións a realizar.

No caso de Galicia, foron subvencionados un total de 49 proxectos, cunha subvención total de 401.908 euros. No caso do Concello de Ourense, a axuda total será de 227.765,55 euros, o que totaliza máis da metade do consignado para toda a Comunidade.
A cidade recibe 17 subvencións, que este martes o Concello de Ourense detallou da forma que sigue:

  • Recuperación da zona termal Chavasqueira-Tinteiro, cunha subvención de 55.039,25
  • Reparación de paseo en terra na zona de Reza. Subvención de 2.134,72
  • Reparación de Camiño Real-rúa das Lampazas: 12.251,90
  • Reparación Camiño do Muiño-Outariz: 885,57
  • Reparación de muro e vial en Ervedelo, de Reza: 4.622,19
  • Recuperación da zona termal Muiño da Veiga: 40.454,60
  • Reparación de danos en sistemas de bombeo en áreas termais de Outariz e Burgas de Canedo: 4.738,78
  • Reparación e acondicionamento de zona de xogos: 10.730,90
  • Restauración zona verde Xardín das Esencias en Área Termal de Outariz: 24.796,40
  • Rehabilitación de pozas termais e entorno en Área Termal de Outariz: 16.019,50
  • Reparación de vial e canalización de augas en Camiño do Monte e rúa do Chopo: 12.995,72
  • Reparación de muro de mamposteiría e vial en rúa Camiño de Barbadás: 3.226,14
  • Reposición de vial por desprendemento de muro en Verea Real Seixalbo 5.761,54
  • Reposición de vial por desprendemento de muro en rúa Priorato de Santa Cruz (1): 11.194,02
  • Reposición de vial por desprendemento de muro en rúa Priorato de Santa Cruz (2): 2.279,08
  • Reposición de vial por desprendemento de muro en rúa Urano-Covadonga: 4.839,69
  • Adecuación de vial para tránsito de autobús urbano-parking de Reza: 15.795,55
Volver atras
Imprimir Página