Atópase en Ourense, Auditorio Municipal, a exposición En Camiño do Xacobeo, que se manterá nesta sala ata finais do mes de xullo. A mostra, enmarcada no Camiño Contemporáneo da programación do Xacobeo 2010, inclúe un vídeo no que peregrinos procedentes de distintos lugares do mundo relatan as súas experiencias, e recolle fotos sobre os diferentes Camiños de Santiago e a cidade de Compostela. En Camiño consta de 28 caixas de luz nas que están situadas as fotografías de distintos puntos do Camiño de Santiago en Galicia e da cidade de Santiago.
 
 
O Auditorio Municipal acolle a exposición En Camiño na que se reflexa o fenómeno do Xacobeo
 
25 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Xacobeo 2010 ten en Ourense a exposición audiovisual En Camiño, un proxecto que se enmarca no Camiño Contemporáneo da programación deseñada para o Ano Santo.
Esta mostra itinerante, que xa se pode contemplar no Auditorio Municipal desta cidade, consta dun vídeo-documento e dunha secuencia de fotografías sobre a peregrinación xacobea nos camiños que pasan por Galicia –en especial o célebre Camiño Francés e a súa continuación cara a Fisterra–, e outra serie complementaria sobre a cidade de Santiago de Compostela.
As pezas van montadas en caixas de luz, acentuando o seu atractivo e creando unha atmosfera de misterio.
En Camiño consta de 28 caixas de luz nas que están situadas as fotografías de distintos puntos do Camiño de Santiago en Galicia e da cidade de Santiago, así como dun vídeo no que participan peregrinos.

Malia o valor das 28 fotografías que se amosan ao público, realzadas polo seu formato e presentación en caixas de luz, a peza estrela desta exposición, organizada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, é un vídeo no que os propios peregrinos, procedentes de Alemania, Francia, Inglaterra, Australia, América Latina e de diferentes comunidades autónomas, relatan a súa experiencia de modo directo e moi fresco, posto que a filmación se fixo in situ, mentres peregrinaban, en diversas paraxes do Camiño Francés.

Despois de Ourense, a mostra viaxará a Corcubión, concello no que recalará entre os días 4 e 25 de agosto. No mes de setembro, a exposición chegará ao municipio pontevedrés de Lalín, onde estará ata o día 29. En Camiño seguirá a súa particular peregrinación por Galicia en outubro, mes no que chegará a Sarria, e en novembro, cando rematará a súa viaxe no concello ourensán de Verín.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página