Co patrocinio da Deputación de Ourense e da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, o investigador e doutor en musicoloxía, Manuel Rey Olleros, ven de publicar o seu último traballo dunha triloxía sobre a música medieval na nosa provincia. Con este terceiro volume complétase o estudo da música medieval en Ourense, co que a provincia de Ourense conta cunha obra de referencia mundial que será citada nos máis importantes foros sobre música medieval. Este terceiro volume foi presentado este martes, e está editado por “Armonía Universal”.
 
 
O profesor Rey Olleros completa a triloxía sobre a música medieval na provincia de Ourense
 
23 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Recuperar a música gregoriana escrita nos vellos pergameos conservados en Ourense foi o obxectivo do investigador e doutor en musicoloxía, Manuel Rey Olleros, quen, co patrocinio da Deputación de Ourense e da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, ven de publicar o seu último traballo dunha triloxía sobre a música medieval na nosa provincia.
O libro, editado por “Armonía Universal” en máis de 350 páxinas toda unha fonda labor investigadora levada a cabo polo doutor Rey Olleros coa finalidade de recuperar os códices musicais da Idade Media en Ourense, e neste caso os referidos aos documentos do Arquivo Capitular de Ourense.

No acto de presentación estiveron, ademais do autor, Manuel Rey Olleros, e do editor, Carlos Núñez, o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, a concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Isabel Pérez, o canónigo e arquiveiro da Catedral de Ourense, Miguel Ángel González, e o prologuista do libro, José María González.
José Luis Baltar dixo que a importancia do traballo de Rey Olleros “radica en que recuperou para os estudosos un tesouro que levaba séculos agochado nos arquivos, e agora queda a segunda, que é interpretar estas composicións musicais para que todo o público poida escoitar en directo as melodías medievais que os autores compuxeron en Ourense hai tantos séculos”.

Con este terceiro volume complétase o estudo da música medieval en Ourense, proxecto apoiado e patrocinado pola Deputación de Ourense, co que a nosa provincia conta cunha obra de referencia mundial que será citada nos máis importantes foros sobre música medieval.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página