A Deputación de Ourense recórdalle aos concellos da provincia que pode encargarse de analizar os abastecementos de auga para o consumo humano de calquera deles. O fará a travé sde Aquaourense, empresa mixta que participa a institución provincial. Os concellos interesados só teñen que solicitar o servizo a institución provincial e nomear persoal de contacto que coñeza instalacións e localización dos abastecementos.
 
 
A Deputación ofrecése aos concellos de Ourense para analizarlle os abastecementos de auga  

22 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL

A Deputación provincial de Ourense analizará os abastecementos de auga para o consumo humano dos concellos da provincia, cumprindo o previsto no programa de vixilancia sanitaria de augas de consumo humano de Galicia (2008-20102).

A institución provincial ofrecerá aos concellos interesados neste servizo a sinatura dun convenio de colaboración que suporá a prestación dunha serie de accións como a toma de datos representativos do abastecemento por parte dun técnico, elaboración de planos detallados das instalacións que formen parte do abastecemento e redactarese un protocolo de autocontrol e xestión do devandito abastecemento, segundo informa a propia Deputación ourensá.

O servizo prestado pola Deputación efectuarase a través da entidade Aquaourense, empresa mixta participada pola institución provincial.
Os concellos interesados nesta colaboración deben designar a unha persoa de contacto que coñeza as instalacións e localizacións dos abastecementos.

Volver atras
Imprimir Página