O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle estes días a exposición “Faustino Santalices. Tradición musical galega”. A mostra recolle a vida e obra do investigador, artesán e intérprete ourensán. Esta mostra busca homenaxear a figura de Faustino Santalices, artesán, intérprete e investigador da música folclórica e popular galega, e atribuírlle o lugar que lle corresponde no patrimonio cultural de Galicia, segundo a Consellería de Cultura e Turismo, promotora desta exposición.
 
 
“Faustino Santalices. Traidición musical galega”, no Museo Etnolóxico de Ribadavia
21 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Museo Etnolóxico de Ribadavia, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, acolle a exposición “Faustino Santalices. Tradición musical galega”. A mostra recolle a vida e obra do investigador, artesán e intérprete ourensán a través de diversos paneis explicativos, documentos, arquivos sonoros e unha serie de instrumentos musicais galegos como zanfonas ou gaitas.
A exposición, comisariada por Cástor Castro Vicente e Félix Castro Vicente, busca homenaxear a figura de Faustino Santalices e atribuírlle o lugar que lle corresponde no patrimonio cultural de Galicia. Santalices foi un dos grandes estudosos da música galega e recompilou o repertorio dos vellos gaiteiros e as cantigas tradicionais, ademais de ser o máximo coñecedor da historia e a técnica da gaita e da zanfona no seu tempo.

Así mesmo, é considerado o primeiro construtor científico da gaita, recuperador da zanfona e fundador da primeira Escola-Taller de instrumentos tradicionais de Galicia. Como intérprete, foi un gaiteiro de renome e éxito en toda a xeografía española. Santalices destacou tamén como o único zanfonista da península durante boa parte do século XX, encarnando o antigo espírito da xograría.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página