A partires do 1 de xullo chegarán a Galicia os primeiros 88 mozos dun continxente de 360 emigrantes ou fillos de emigrantes que participarán este verán nos campamentos e campos de traballo organizados pola Xunta de Galicia. Son programas que “pretenden o fortalecemento do vínculo dos emigrantes e os seus fillos con Galicia”, sinala a Secretaría Xeral de Emigración. Despois de pasar as actividades de campamento nos respectivos albergues ou campamentos estes mozos poden permanecer cos seus familiares en Galicia ata un máximo de tres meses, posibilidade pola que xa optaron arredor dun 70% dos participantes.
 
Noticias Relacionadas
  O día 20 de xuño chegan a Lavacolla os primeiros emigrantes retornados do programa Reencontros na casa
 
 
O 1 de xullo chegan a Galicia os primeiros mozos emigrantes dos campamentos e campos de traballo da Xunta
14 de XUÑO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia ven de publicar os 362 participantes, procedentes de América, que formarán parte do programa de Campamentos e Campos de Traballo, galegos ou fillos de galegos que residen no exterior.
Estes participantes seleccionáronse a través da convocatoria que realiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Estes 362 mozos virán acompañados por nove coordinadores procedentes dos distintos países.
O país do que proceden máis rapaces é Arxentina cun total de 171, seguidos de Uruguai con 75, Brasil 44, Venezuela 50, Cuba 6, Chile 6, México 4, Perú 4 e Estados Unidos 2.
As idades dos participantes van desde os 14 aos 20 anos en campamentos e dos 18 aos 30 nos participantes de campos de traballo que ascenden a 40 persoas.

“Este programa pretende o fortalecemento da vinculación dos mozos emigrantes ou fillos destes con Galicia a través da súa participación nos programas convocados pola Dirección Xeral de Xuventude, nos que se relacionan cos outros mozos galegos que residen en Galicia”, sinala a Secretaria Xeral de Emigración da que é titular Santiago Camba.
Despois de pasar as actividades de campamento nos respectivos albergues ou campamentos estes mozos poden permanecer cos seus familiares en Galicia ata un máximo de tres meses.
Posibilidade pola que xa optaron arredor dun 70% dos participantes.

Os primeiros 88 do total de 360 participantes que se agardan chegarán o 1 de xullo. O maior continxente, 254, chegará o 17 tamén de xullo. E o 1 de agosto chegarán os último 20, estes xa na modalidade de campos de traballo.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página