Chega a ITE a cidade de Ourense. É unha especie de ITV para edificios en vez de para vehículos. De feito é a Inspección Técnica de Edificacións. A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deulle este xoves aprobación. O obxectivo da mesma é “tomar a tempo medidas que eviten riscos para a seguridade cidadá e a necesidade de afrontar reparacións máis complexas nos edificios”, sinala o propio Concello. No caso de que os edificios inspeccionados reciban un informe desfavorable, a propiedade deberá solicitar e obter licencia municipal e as oportunas autorizacións, nun prazo de dous meses, establece esta nova disposición.
 
Noticias Relacionadas
  O Comedor do Concello vai sobre rodas e adxudícanse outras 46.000 comidas para este ano
 
 
Chega a Ourense a ITE, a ITV das edificacións da cidade que revisará o estado dos inmobles
11 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Tal e como estaba anunciado, a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este xoves o “proxecto de Ordenanza Municipal reguladora do deber de conservación, da Inspección Técnica de Edificacións e da Declaración de Ruina” dos inmobles desta cidad.
O obxectivo da mesma é “tomar a tempo medidas que eviten riscos para a seguridade cidadá e a necesidade de afrontar reparacións máis complexas nos edificios”, sinala o propio Concello. É decir, unha especie de chequeo que determine a saúde dos inmobles a procura de poñerlle remedio a tempo aos seus males e antes de que poidan causar danos maiores.

A ITE, como se lle denomina técnicamente, é unha inspección que deberán pasar tódolos edificios en función da súa antiguedade para acreditar o seu estado de seguridade construtiva, independentemente do seu destino (vivenda, oficinas, industria, comercio...).
A prioridade da Concellería de Urbanismo é realizar no presente ano 2010, dende a entrada en vigor da ordenanza e ata o 31 de decembro de 2011 inspeccións a tódolos edificios de máis de 100 anos de antigüidade.
No caso de que os edificios inspeccionados reciban un informe desfavorable, a propiedade deberá solicitar e obter licencia municipal e as oportunas autorizacións, nun prazo de dous meses. Asimesmo, se o informe esixe a necesidade de acometer medidas inmediatas de seguridade por perigo inminente, estas deberán executarse nos prazos sinalados polos técnicos.

O proxecto de ordenanza aprobado este xoves pola Xunta de Goberno Local será incluido na orde do día da Comisión de Pleno do Concello para o seu ditame e posterior remisión a aprobación inicial por parte do Pleno do Concello.

 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
 
Volver atras
Imprimir Página