De “pallasada” cualifica “Coto do Frade” o só feito de que o alcalde de Cortegada diga que se o está pensando, si reclamar a Planta Incineradora de lixo do Sur de Galicia para o seu concello. “Coto do Frade” xa advirte que, ao igual que estivo en contra do proxecto de Carballeda de Avia o estará neste, e advirte De Francisco, o alcalde de Cortegada, de que a planta que se proxecta consturir “supera en capacidade e ocupación do territorio á de Cerceda”. Sinala o colectivo ecoloxista que “a obsesión socialista por albergar toda a merda das provincias de Ourense e Pontevedra no Ribeiro comeza a ser un problema que vai máis aló do meramente anecdótico”.
 
 
“Coto do Frade” advirte ao alcalde de Cortegada que o terá en contra da Planta do Lixo do Sur de Galicia
9 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A obsesión socialista por albergar toda a merda das provincias de Ourense e Pontevedra no Ribeiro comeza a ser un problema que vai máis aló do meramente anecdótico”, ven de sinalar a Asociación “Coto do Frade” do Ribeiro, despois de que o alcalde socialista de Cortegada, Avelino de Francisco, se pronunciara este martes disposto a que o seu municipio acolla a Planta Incineradora de lixo do Sur de Galicia.
Agora, segundo di “Coto do Frade, o rexidor municipal “pretende co seu equipo técnico valorar medioambientalmente a ubicación exacta da Planta, e estudar se lle interesa ao Concello”.
“Coto do Frade” di que “este persoeiro” sigue a Luis Milia, o alcalde de Carballeda de Avia, e dice que é “o que faltaba”. De entrada, “Coto do Frade” advirte de que a planta que se proxecta consturir “supera en capacidade e ocupación do territorio á de Cerceda”.

 
Avelino de Francisco

O só feito de que o alcalde de Cortegada contemple a posibilidade de pedir a Planta, é calificada de “pallasada”, advertindo ao alcalde de que só cabe neste caso “unha resposta clara e conduntente dos veciños e veciñas do Ribeiro fronte a unha barbaridade ambiental e de saúde pública que mermará de xeito significativo a calidade de vida nestas terras”.
“Para máis INRI, De Francisco, aporta infraestructuras o seu argumentario ecléctico, considerando oportuno o transporte por ferrocarril xa que, segundo as súas verbas, conta cunha estación a tres quilómetros”, engade “Coto do Frade”.

O colectivo ecoloxista de O Ribeiro califica a proposta do rexidor de Cortegada de “inaceptábel”, posicionándose totalmente en contra tanto da incineración dos residuos como da centralización dos mesmos. “Coto do Frade só asume un modelo que priorice a reducción e cree unha rede de plantas comarcais de reciclaxe e compostaxe, calquera outro escenario contará co noso rexeitamento, máis cando estamos a falar de destruir as materias primas contidas no residuo por medio da incineración”, conclúe ao respecto o colectivo ecoloxista de O Ribeiro.

 
Volver atras
Imprimir Página