A Deputación de Ourense achega 40.000 dos 67.000 euros que le compren ao Campus de Ourense para organizar os 14 cursos de que consta a súa oferta formativa de verán, que se desenvolverán nos concellos de Celanova, ande, Xinzo de Limia e Muiños, ademais da capital. Segundo o vicerrector, Juan Francisco Gálvez, que aproveitou este acto para despedirse do cargo e darlle públicamente as grazas a institución provincial, trátase da maior oferta formativa estival da Universidade de Vigo, e unha das máis importantes de cantas se fan nos meses de verán en Galicia. Nos últimos catro anos o Campus de Ourense organizou 37 cursos polos que pasaron uns 2.500 alumnos, a metade do alumnado do Campus ourensán.
 
 
O Campus de Ourense presentou a súa oferta de campus de verán, unha das mellores de toda Galicia
 
8 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Deputación provincial de Ourense financia este ano con 40.000 euros os cursos de verán da Universidad de Vigo no Campus de Ourense, que se desenvolverán entre os meses de xuño e novembro nos concellos de Ourense, Celanova, Bande, Xinzo de Limia e Muíños. Trátase da maoir oferta formativa estival da Universidade de Vigo e unha das máis importantes de cantas se fan nos meses de verán en Galicia, sinalouse no acto de presentación deste novo compromiso da institución provincial que dirixe José Luis Baltar co Campus ourensán.
Segundo explicou o vicerreitor do Campus de Ourense, Juan Francisco Gálvez, trátase dun programa formativo que inclúe 14 cursos –dous máis que o ano pasado- “que ten un custe de 67.000 euros, dos cales a maior achega corresponde á Deputación de Ourense, sen a cal sería imposible levar a cabo esta importante acción formativa”, sinalou Gálvez.

Gálvez, quen aproveitou esta presentación para despedirse publicamente trala súa etapa de catro anos no cargo, dixo que a relación de colaboración permanente “que mantivemos coa Deputación de Ourense foi sempre cordial e efectiva, polo ben do noso Campus e dos nosos estudantes. Non me queda máis que darlle ás grazas á institución provincial e ao seu presidente por todo o que a Deputación fixo en favor da universidade nestes catro anos”.
No acto participou tamén José Luis Baltar, presidente da Deputación de Ourense, quen destacou que con Gálvez “o Campus de Ourense vivíu unha das mellores e máis dinámicas etapas, e no que atinxe á relación coa Deputación foi especialmente prolífica en convenios, cursos e diferentes proxectos, cos que nós colaboramos, porque temos que seguir apostando pola mellor industria que temos na nosa provincia: a universidade”. Baltar brindouse a seguir mantendo esta liña de colaboración co Campus “e mellorala todo o que sexa posible”, e así llo dixo a María Lameiras, vicerreitora electa, presente tamén no acto.
O Campus de Ourense totaliza nestes últimos catro anos 37 cursos, nos que participaron uns 2.500 alumnos, o que ven ser a metade do alumnado do Campus de Ourense.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página