Despois da Xuntanza dos veciños deste domingo na Alameda, arranca este luns a “Semana adicada aos maiores” que organiza a Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense. “Trátase de invitar aos maiores a enrolarse en actividades participativas e de lecer, coa filosofía de Ourense con todos, ninguén só”, sinala o departamento de Marga Martín. O alcalde inaugurará as actividades este luns ás once da mañá. Actividades que rematarán nunha xornada grande, a do venres, 11 de xuño, con unha excursión ás Illas Cíes. O xantar do xoves é a única actividade de pago.
 
 
“Ourense con todos, ninguén só”, lema da Semana dos Maiores que arranca este luns  

7 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL

Este luns arranca a “Semana adicada aos maiores” que, por terceiro ano seguido, organiza a Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense. Este ano celebrarase entre o luns, 7 de xuño e o 11 de xuño, co desenvolvemento de diversas actividades ó longo da semana.  O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, inaugurará a semana de actividades o luns a partir das once da mañá na Praza Maior.
Teatro, contacontos, excursións, conferencias, comidas, tai-chi ou baile serán algúns dos contidos da completa programación elaborada pola Concellería. Haberá actividades de entrada libre e gratuítas, e outras que requíren previa inscrición ou recollida de entradas na Concellería de Benestar Social, na rúa Bispo Carrascosa nº 14.

Segundo sinala o departamento de Marga Martín, “trátase de invitar aos maiores a enrolarse en actividades participativas e de lecer, coa filosofía de Ourense con todos, ninguén só”.
Deste xeito, según anunciou a concelleira de Benestar Social, están programadas unha serie de actividades que rematarán con unha comida e una excursión ás Illas Cíes. Tódalas actividades serán de balde, menos a comida que custará 10 euros.
O programa arranca o luns con unha clase de Tai-Chi ao aire libre na Praza Maior a partires das 10 da mañá. Logo, ás 11, o alcalde, Francisco Rodríguez, será quen protocolariamente dedclare aberta a III Semana dos Maiores de Ourense.
Contacontos, conferencias e representacións teatais conforman o programa de actividades que rematará nunha xornada grande, a do venres, 11 de xuño, coa a excursión ás Illas Cíes.
A Comida dos Maiores será o xoves, ás 14:30 horas, na Carballeira de Santa Cruz, e irá seguida de baile que se prolongará ata as sete e media da tarde.
A viaxe farase en autobús dende a Alameda

Volver atras
Imprimir Página
 
 
Marga Martín